26 de setembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Anna Akhmatova

 

A morte do poeta

A inimitable voz calou onte,
aquel que falaba ós bosques, foise
pra trocarse na espiga que dá vida,
o suave orballo que cantou.
E tódalas flores do mundo
abríronse pra acoller a súa morte.
E supetamente o silencio envolveu
o planeta que se chama humildemente Terra.

 

A derradeira rosa

A min de axoenllarme con Morozova,
de danzar coa fillastra de Herodes,
de voar dende a fogueira de Didon
pra pousarme na de Xoana de Arco.
Señor! Ti ves, eu vou cansa xa
de resucitar e de morrer, e de vivir.
Toma todo, pro déixame respirar
unha vez máis o frescor desta rosa vermella.


Traducido a partir da versión francesa de Jeane Rude

Traducción de Álvaro Cunqueiro publicada orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.

  Centenario Cunqueiro 1911·2011