Amosando publicacións coa etiqueta florDiversa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta florDiversa. Amosar todas as publicacións

28 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Oton Župančič

 

A lanchiña

Navega, navega, lanchiña de prata
polo verde mare!
Na lanchiña van tres mozos,
tres tenres mociños.
E os tres mozos un canto me ofrecen,
un canto fermosísimo:
–Navega, navega, lanchiña de prata
polo verde mare!
Máis alá do mare, do mare verde,
hai campos de ouro
e máis alá dos campos,
prados e grandes bosques.
Pro os tres mozos e eu mesmo
casa non temos,
nin esposa. As nosas casas
están lonxe, máis aló, máis aló do mare.
E as esposas, un soño.


Traducción de Álvaro Cunqueiro publicada no Faro de Vigo o 26 de xuño de 1965.

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

27 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / William Butler Yeats

 

As aves brancas

Se poidésemos ser, miña amada, brancas aves na escuma do mare!
Xa aborrecemos a chama da estrela fugaz denantes de que se muche e apague;
e a chama do luceiro do serán, que colga do bordo do ceo,
espertou nos nosos corazóns, miña amada, unha tristura sen medida.

Unha canseira vén dende os nosos soños, orballando lilios e rosas;
ai, non soñes con eles, miña amada, nin coa luz da fuxitiva estrela
ou coa da azuada que se consume no lusco e fusco,
pois eu quixera que nos trocásemos en brancas aves na escuma do mare: eu e ti!

A min enfeitízanme innumerables illas, e a ribeira de Danaan
onde o tempo nos esquecería, e as dores sempre estarían lonxe;
axiña lonxe da rosa e do lilio, e rozando as chamas quedariamos,
se poidésemos ser, miña amada, somentes brancas aves na escuma do mare!


In Tara’s Halls

Un home houbo que unha vez nos halls de Tara
díxolle a unha muller, axoenllándose: “Déitate tranquila.
Os meus cen anos cúmprense. E penso
que algo pode pasar. E penso
que a aventura da vellice comeza.
A moitas mulleres téñolles dito: ‘Déitate tranquila’,
e dinlles todo canto unha muller percisa,
un teito, bons panos, paixón, quizaves amor,
pro nunca pedín o seu en troques: se o pedira,
envellecera axiña.”
                                    O home despois
foise á Casa Sagra, e de pé entre
o arado dourado e o rastriño, falou
ós que alí estaban, casual moitedume escoitouno:
“Amei a Deus, pro se en troques pedira o seu amor
a Deus ou á muller, o tempo de morrer me chegara.”

Rogou, cumpridos os cento e un anos,
que cavadores e carpinteiros campa e féretro lle fixesen.
Viu que a campa era fonda, o féretro sólido,
axuntou a tódalas xeneracións do seu sangue,
deitouse no féretro, deixou de alentar, e finouse.


O poeta á súa amada

Tráigoche nas miñas reverentes mans
os libros dos meus soños innumerables,
branca muller que a paixón gastou
igual que a marea gasta as areas grises,
e co corazón aínda máis vello que o corno,
cheo a reverquer do pálido lume do tempo.
Branca muller, con innumerables soños
tráigoche aquí o meu canto apaixoado.


Traduccións de Álvaro Cunqueiro publicadas orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
[The white birds // Would that we were, my beloved, white birds on the foam of the sea!/ We tire of the flame of the meteor, before it can fade and flee;/ And the flame of the blue star of twilight, hung low on the rim of the sky,/ Has awakened in our hearts, my beloved, a sadness that may not die.// A weariness comes from those dreamers, dew-dabbled, the lily and rose;/ Ah, dream not of them, my beloved, the flame of the meteor that goes,/ Or the flame of the blue star that lingers hung low in the fall of the dew:/ For I would we were changed to white birds on the wandering foam: I and you!// I am haunted by numberless islands, and many a Danaan shore,/ Where Time would surely forget us, and Sorrow come near us no more;/ Soon far from the rose and the lily, and fret of the flames would we be,/ Were we only white birds, my beloved, buoyed out on the foam of the sea!
In Tara’s Halls // A man I praise that once in Tara’s Hals/ Said to the woman on his knees, ’Lie still./ My hundredth year is at an end. I think/ That something is about to happen, I think/ That the adventure of old age begins./ To many women I have said, “Lie still”,/ And given everything a woman needs,/ A roof, good clothes, passion, love perhaps,/ But never asked for love; should I ask that,/ I shall be old indeed.’/ Thereon the man/ Went to the Sacred House and stood between/ The golden plough and harrow and spoke aloud/ That all attendants and the casual crowd might hear./ ‘God I have loved, but should I ask return/ Of God or woman, the time were come to die.’// He bade, his hundred and first year at end,/ Diggers and carpenters make grave and coffin;/ Saw that the grave was deep, the coffin sound,/ Summoned the generations of his house,/ Lay in the coffin, stopped his breath and died.
A Poet to His Beloved // Bring you with reverent hands/ The books of my numberless dreams,/ White woman that passion has worn/ As the tide wears the dove-grey sands,/ And with heart more old than the horn/ That is brimmed from the pale fire of time:/ White woman with numberless dreams,/ I bring you my passionate rhyme.]

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

26 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / William Carlos Williams

 

Cantiga de amor

Que che direi
cando nos atopemos?
Nembargantes, aquí deitado
soio penso en ti…

A mancha do amor
está sobre o mundo,
marela, marela, marela,
roe dentro das follas,
unta con azafrán
as ponlas que se pousan
contra o liso ceo roxo.

Non hai luz…
Somentes unha espesa mancha de mel
que pinga de folla en folla
e de ponla en ponla
adentrándose nas cores
do mundo enteiro.

Estou soio.
O peso do amor sostívome
ata que a miña cabeza
tropezou co ceo.

Olla pra min!
Dos meus cabelos gotea néctar
que os estornelos levan nas azas mouras.
Olla como os meus brazos e as miñas mans
están ociosas.

Podería asegurar que te amarei de novo
como agora mesmo te amo?


Traducción de Álvaro Cunqueiro publicada orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
[A Love Song // What have I to say to you/ When we shall meet?/ Yet—/ I lie here thinking of you.// The stain of love/ Is upon the world./ Yellow, yellow, yellow,/ It eats into the leaves,/ Smears with saffron/ The horned branches that lean/ Heavily/ Against a smooth purple sky.// There is no light—/ Only a honey-thick stain/ That drips from leaf to leaf/ And limb to limb/ Spoiling the colours/ Of the whole world.// I am alone./ The weight of love/ Has buoyed me up/ Till my head/ Knocks against the sky.// See me!/ My hair is dripping with nectar—/ Starlings carry it/ On their black wings./ See, at last/ My arms and my hands/ Are lying idle.// How can I tell/ If I shall ever love you again/ As I do now?]

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

25 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Walt Whitman

 

Eu son

Eu son Walt Whitman, un cosmos, fillo de Manhattan,
arrebatado, carnal, sensual, que come, bebe e enxendra.
Non son sentimental, nin estou por derriba
de homes e mulleres,
nin arredado deles.
Tampouco son humilde nin orgulloso.

Desatornelade as fechaduras,
desgonzade as portas.

Quen a outro envilece, a min envilece.
Ren se di ou se fai que non reverta en min.


A incansable araña

Vin unha calada e paciente araña
isolada nun pequeno promontorio,
explorando o espacio desolado,
namentres tiraba de si fíos, e fíos, e fíos,
desenrolándoos sempre, presurosa.

E ti, alma de min, onde te atopas,
ceibe, arrodeada por inmensos espacios,
meditando sen cesar, aventurándote,
saíndo a unirte coas esferas,
ata que esté construída a ponte que precisas
ata que a áncora agarre,
ata que o feble fío que tendes
suxete en algún lado, ouh alma miña!


Traduccións de Álvaro Cunqueiro publicadas orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
[[Leaves of Grass, Walt Whitman, 24 (492-499)] // Walt Whitman am I, a Kosmos, of mighty Manhattan the son,/ Turbulent, fleshy and sensual, eating, drinking and breeding;/ No sentimentalist—no stander above men and women, or apart from them;/ No more modest than immodest.// Unscrew the locks from the doors!/ Unscrew the doors themselves from their jambs!// Whoever degrades another degrades me;/ And whatever is done or said returns at last to me. (…)
[Leaves of Grass, Whispers Of Heavenly Death,] A noiseless, patient spider // A noiseless, patient spider,/ I mark’d, where, on a little promontory, it stood, isolated;/ Mark’d how, to explore the vacant, vast surrounding,/ It launch’d forth filament, filament, filament, out of itself;/ Ever unreeling them –ever tirelessly speeding them.// And you, O my Soul, where you stand,/ Surrounded, surrounded, in measureless oceans of space,/ Ceaselessly musing, venturing, throwing, –seeking the spheres, to connect them;/ Till the bridge you will need, be form’d –till the ductile anchor hold;/ Till the gossamer thread you fling, catch somewhere, O my Soul.]

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

24 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / François Villon

 

Epitafio
[A balada dos pendurados]

Irmáns humanos que após nós viviredes,
o voso corazón contra nós non irar,
que se piedade da nosa pobreza tedes,
Deus convosco háa tamén usar.
Aquí estamos cinco o seis a colgar.
A carne nosa, que en demasía foi querida,
estoupou xa, roída e podrecida,
e os ósos vanse facer cinza e poeira.
Que ninguén do noso mal sorrida!
Rogade a Deus nos leve á súa ribeira.

Se a vós clamamos, irmáns, non deberedes
desdén faguer porque fomos colgados
pola xustiza. Que certo é, ben o sabedes,
que non tódolos homes nacemos asisados.
Pedide pois, do corazón levados,
a Xesús, Fillo da Virxen María,
que a súa gracia nos faga compañía,
e nos liberte da infernal fogueira.
Estamos mortos, cousa nos anguría,
Rogade a Deus nos leve á súa ribeira.

Lavounos a choiva, fixo connosco colada,
resésigos o sol púxonos, e mourentos.
Pegas e corvos nos os ollos fixeron cavada,
e cellas e barbas arrincáronnos a centos.
Nunca lucimos, abofé, tan boa afeitada,
pois como vai e vén o vento, a seu lecer,
papo dreito ou esquerdo, podían escoller.
Máis peteirados imos que dedal de costureira!
Connosco, amigos, ren tendes que faguer.
Rogade a Deus nos leve á súa ribeira.


Envío

Príncipe Xesús que sober todos tes señoría,
gárdanos de que o Inferno nos poña en escravía.
Alí non temos nin tenda nin lareira.
Homes, non usedes connosco bulrería!
Rogade a Deus nos leve á súa ribeira.


Traducción de Álvaro Cunqueiro publicada orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
[La ballade des pendus // Frères humains qui après nous vivez / N'ayez les coeurs contre nous endurciz,/ Car, ce pitié de nous pauvres avez,/ Dieu en aura plus tost de vous merciz./ Vous nous voyez ci, attachés cinq, six/ Quant de la chair, que trop avons nourrie,/ Elle est piéca devorée et pourrie,/ Et nous les os, devenons cendre et pouldre./ De nostre mal personne ne s'en rie:/ Mais priez Dieu que tous nous veuille absouldre!// Se frères vous clamons, pas n'en devez/ Avoir desdain, quoy que fusmes occiz/ Par justice. Toutefois, vous savez/ Que tous hommes n'ont pas le sens rassiz;/ Excusez nous, puis que sommes transsis,/ Envers le filz de la Vierge Marie,/ Que sa grâce ne soit pour nous tarie,/ Nous préservant de l'infernale fouldre/ Nous sommes mors, ame ne nous harie;/ Mais priez Dieu que tous nous vueille absouldre!// La pluye nous a débuez et lavez,/ Et le soleil desséchez et noirciz:/ Pies, corbeaulx nous ont les yeulx cavez/ Et arraché la barbe et les sourciz./ Jamais nul temps nous ne sommes assis;/ Puis ca, puis là, comme le vent varie,/ A son plaisir sans cesser nous charie,/ Plus becquetez d'oiseaulx que dez à couldre./ Ne soyez donc de nostre confrarie;/ Mais priez Dieu que tous nous vueille absouldre!// Prince Jhésus, qui sur tous a maistrie,/ Garde qu'Enfer n'ait de nous seigneurie:/ A luy n'avons que faire ne que souldre./ Hommes, icy n'a point de mocquerie;/ Mais priez Dieu que tous nous vueille absouldre!]

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

23 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Paul Valéry

 

Os pasos

Os teus pasos, fillos do meu silencio,
santamente, lentamente veñen
deica o leito da miña vixilia,
pasos mudos e xeados.

Persoa pura, sombra divina,
que doces son os teus pasos contidos!
Deuses!... tódolos dons que adiviño
veñen a min sober deses pés núos!

Se, adiantando os beizos,
ti preparas pra calmar
ós habitantes dos meus pensamentos
o alimento dun bico,

non teñas présa pra esta tenrura,
dozura de ser e de non sere,
e o meu corazón era soio os teus pasos.


A forma da claridade

No corazón da noite
eu inclineime sober da forma da claridade
da lúa
sober da forma da vasta noite
pola fiestra denantes de pechala,
e velaquí que non sei que alertou o meu esprito
e eu non puiden apreixar este esprito do meu esprito.
Un recordo quizaves
pro non viviu deica ser.
Mais nada é
o que non deixa (máis) que isto.


Traduccións de Álvaro Cunqueiro publicadas orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
[Les pas // Tes pas, enfants de mon silence,/ Saintement, lentement placés,/ Vers le lit de ma vigilance/ Procèdent muets et glacés.// Personne pure, ombre divine,/ Qu'ils sont doux, tes pas retenus !/ Dieux !... tous les dons que je devine/ Viennent à moi sur ces pieds nus ! // Si, de tes lèvres avancées,/ Tu prépares pour l'apaiser,/ A l'habitant de mes pensées/ La nourriture d'un baiser, // Ne hâte pas cet acte tendre,/ Douceur d'être et de n'être pas,/ Car j'ai vécu de vous attendre,/ Et mon coeur n'était que vos pas.]

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

22 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Giuseppe Ungaretti,

 

A nai

E o corazón, cando co último latido
teña tirado o muro de sombra,
pra levarme, Nai, deica o Señor,
como noutrora darasme a man.

De xeonllos, decidida,
serás unha estatua diante do Eterno,
coma eu te ollaba
cando aínda vivías.

Erguerás, tremerosa, os vellos brazos
como cando morriches
dicindo: Deus meu, velaquí estou.

E soio cando me teña perdonado
viranche ganas de mirarme.

Recordarás que muito me agardaches
e terás nos ollos un súbito suspiro.


Agonía

Morrer coma unha rula sedenta
sobre un espellismo de auga.

Ou mesmo coma o pazpallar
tras cruzar o mar
perto das primeiras herbas
porque xa non ten ganas
de voar.

Pro non vivir de laios
coma un xílgaro cego.


Con lume

Con lume nos ollos, un nostálxico lobo
camiña a núa quietude.
Non atopa máis que sombras de ceo sobre o xelo.
Fúndense serpes fatuas e violetas de breve vida.


Traduccións de Álvaro Cunqueiro publicadas orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991 agás ‘Con lume’ publicado no Faro de Vigo o 30 de maio de 1976.
[La madre // E il cuore quando d’un ultimo battito/ Avrà fatto cadere il muro d’ombra,/ Per condurmi, Madre, sino al Signore,/ Come una volta mi darai la mano.// In ginocchio, decisa,/ Sarai una statua davanti all’Eterno,/ Come già ti vedeva/ Quando eri ancora in vita.// Alzerai tremante le vecchie braccia./ Come quando spirasti/ Dicendo: Mio Dio, eccomi.// E solo quando m’avrà perdonato,/ Ti verrà desiderio di guardarmi.// Ricorderai d’avermi atteso tanto,/ E avrai negli occhi un rapido sospiro.
Agonia // Morire come le allodole assetate/ sul miraggio// O come la quaglia/ passato il mare/ nei primi cespugli/ perché di volare/ non ha più voglia// Ma non vivere di lamento/ come un cardellino accecato
Con fuoco //Con fuoco d’occhi un nostalgico lupo/ Scorre la quiete nuda./ Non trova che ombre di cielo sul ghiaccio,/ Fondono serpi fatue e brevi viole.]

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

21 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Jules Supervielle

 

Os cabalos do tempo

Cando os cabalos do Tempo detéñense á miña porta
non poido deixar de velos beber
porque é no meu sangue que calman a sede.
Volven ó meu rostro unha ollada recoñecida
namentras os seus longos tragos me enfeblecen,
e déixanme tan canso, tan soio, decepcionado,
que unha noite pasaxeira invade os meus párpados
e que me fai axiña pórme a recobrar forzas
pra que un día, no que volverán os cabalos sedentos,
poida estar eu vivo e quitarlles a sede.


O recordo

Cando a cabeza teñamos nas mans
nun xesto pétreo, torpemente inmortal,
non coma o dos santos senón coma o dos pobres homes,
cando o noso amor seña dividido polas nosas sombras,

se algunha vez soñas comigo eu sabereino
na miña cabeza na que soprará un vento escuro;
sobre todo non creas na indiferencia
se eu non che respondo máis que co silencio.


Traduccións de Álvaro Cunqueiro publicadas orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
[Les chevaux du Temps // Quand les chevaux du Temps s’arrêtent à ma porte/ J’hésite un peu toujours à les regarder boire/ Puisque c’est de mon sang qu’ils étanchent leur soif./ Ils tournent vers ma face un œil reconnaissant/ Pendant que leurs longs traits m’emplissent de faiblesse/ Et me laissent si las, si seul et décevant/ Qu’une nuit passagère envahit mes paupières/ Et qu’il me faut soudain refaire en moi des forces/ Pour qu’un jour où viendrait l’attelage assoiffé/ Je puisse encore vivre et les désaltérer.
Le souvenir // Quand nous tiendrons notre tête entre les mains/ Dans un geste pierreux, gauchement immortel,/ Non pas comme des saints - comme de pauvres hommes -/ Quand notre amour sera divisé par nos ombres,// Si jamais vous songez à moi j'en serai sûr/ Dans ma tête où ne soufflera qu'un vent obscur:/ Surtout ne croyez pas à l'indifférence/ si je ne vous réponds qu'au moyen du silence.]

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

20 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Wallace Stevens

 

Anécdota de homes por millares

A alma, dixo el, está feita
polo que ten arredor.

Hai homes do Oeste, dixo el,
que son o Oeste.
Hai homes dunha provincia
que son aquela provincia.
Hai homes dun val
que son aquel mesmo val.

As palabras de certos homes
son os propios sons do lugar que habitan,
como o rechouchío dun paxaro
é propiamente o paxaro.

A mandolina é o instrumento
dun lugar.

¿Hai mandolinas no Oeste?
¿Hai mandolinas no Norte?

O vestido dunha muller de Lhassa
no seu lugar
é un invisible elemento dese lugar
feito visible.


Da superficie de cousas [fragmento]


Na miña habitación
o mundo está máis alá do meu entendemento.
Pro cando paseo,
advirto que consiste tan soio
en catro outeiros e unha nuben.
Dende o meu balcón contemplo
o aér amarelo, e leo
o que escribiron nel:
“A primavera é unha beleza núa”.


Traduccións de Álvaro Cunqueiro publicadas orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
[Anecdote of Men by the Thousand // The soul, he said, is composed/ Of the external world.// There are men of the East, he said,/ Who are the East./ There are men of a province/ Who are that province./ There are men of a valley/ Who are that valley.// There are men whose words/ Are as natural sounds of their places/ As the cackle of toucans/ In the place of toucans.// The mandoline is the instrument/ Of a place.// Are there mandolines of western mountains?/ Are there mandolines of northern moonlight?// The dress of a woman of Lhassa,/ In its place,/ Is an invisible element of that place/ Made visible.
Of the Surface of Things // I / In my room, the world is beyond my understanding;/ But when I walk I see that it consists of three or four/ Hills and a cloud.// II / From my balcony, I survey the yellow air,/ Reading where I have written,/ “‘The spring is like a belle undressing”.// III / The gold tree is blue,/ The singer has pulled his cloak over his head./ The moon is in the folds of the cloak.]

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

19 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Nichita Stănescu

 

Historia sentimental

De pronto, ollabámosnos a cotío,
eu no cabo dunha hora,
ti no outro cabo.
Como as dúas asas dunha ánfora.
Soio as verbas revoaban entre nós,
ida e volta,
podía cáseque ollar o seu movimento,
e de golpe eu deixábame cair de xoenllos,
pra mirar a herba curvada
pola caída dunha verba
como sob a pata dun león que corre.
As verbas revoaban, revoaban, a carón de nós,
ida e volta,
e mais eu te amaba,
mais nun turbillón visíbel case,
elas somellaban á estrutura da materia
tal como era nos orixes.


Traducción de Álvaro Cunqueiro publicada no Faro de Vigo o 19 de maio de 1968.
[Poveste sentimentală // Pe urma ne vedeam din ce în ce mai des./ Eu stateam la o margine-a orei,/ tu-la cealalta,/ ca doua toarte de amfora./ Numai cuvintele zburau intre noi,/ inainte si inapoi./ Virtejul lor putea fi aproape zarit,/ si deodata,/ îmi lasam un genunchi,/ iar cotul mi-infigeam în pământ,/ numai ca să privesc iarba-nclinata/ de caderea vreunui cuvint,/ ca pe sub laba unui leu alergind./ Cuvintele se roteau, se roteau intre noi,/ inainte si inapoi,/ si cu cât te iubeam mai mult, cu atât/ repetau, intr-un virtej aproape văzut,/ structura materiei, de la-nceput.]

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

18 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / William Shakespeare

 

Soneto XXIII

Coma un mal actor no esceario
a quen o medo non deixa representar o seu papel,
ou coma un orgulloso entolecido de raiba,
a quen o exceso de forza enfeblece o propio corazón,

así eu, por medo da verdade, esquezo recitar
a perfecta ceremonia dos ritos de amor,
e a miña propia forza de amor semella decaer,
recargado o meu amor deica o agobio co seu propio peso.

Ouh! deixa que os meus libros señan elocuentes
e mudos paroleiros do meu parolante corazón;
que eles pidan por amor, e recompensa agardar poden,
mellor que esta lingua, que solta en demasía foi.

Ouh! aprendede a ler o que en silencio o corazón escribiu:
entender cos ollos perteñece ó máis fino esprito de amor.


Traducción de Álvaro Cunqueiro publicada orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
[Sonnet XXIII // As an unperfect actor on the stage / Who with his fear is put besides his part,/ Or some fierce thing replete with too much rage,/ Whose strength’s abundance weakens his own heart. // So I, for fear of trust, forget to say / The perfect ceremony of love’s rite, / And in mine own love’s strength seem to decay,/ O’ercharged with burden of mine own love’s might. // O, let my books be then the eloquence / And dumb presagers of my speaking breast, / Who plead for love and look for recompense / More than that tongue that more hath more express’d.// O, learn to read what silent love hath writ: / To hear with eyes belongs to love’s fine wit.]

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

17 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Yorgos Seferis

 

Desperteime con esta cabeza…

Desperteime con esta cabeza de marbre entre as mans,
os brazos cansos, e non sei onde pousar.
Namentras saía do sono asolagábame no sono,
así as nosas vidas axuntáronse e quen poderá a arredarnos?

Miro prós ollos: nin abertos nin pechados,
e falo á boca que non sabe deixar de falar,
e recollo as meixelas que furaron a pel.
Outra forza non teño.

Vanse as miñas mans pra volver cáseque sen dedos.


Astianacte

Xa que tes que partir, leva contigo ó teu fillo,
ó nacido á sombra do plátano,
o día en que soaban trompetas e brillaban armas
e os cabalos, sudando, estiraban o pescozo
pra poder beber a mansa auga verde.

As oliveiras coas enrugas dos nosos pais,
as rocas coa sabiduría do noso país
o sangue do noso irmán, vivo na terra,
era unha ledicia certa, un orde xeneroso
prás almas que coñeceron a súa oración.

E agora que te vas, que chegou o día da renda pagar,
cando ninguén sabe a quen matará e como caerá,
leva contigo ó fillo nacido á sombra do plátano
a que aprenda a coñecer as arbres.


Versións feitas a partir da traducción inglesa.


Traduccións de Álvaro Cunqueiro publicadas orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

16 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Carl Sandburg

 

Pequeño álbum: Outra vez New Hampshire

Lémbrome das mouras augas do inverno,
lembro garridas abidueiras brancas,
lembro somnolentos outeiros vespertinos.
Lémbrome dos meus pasos polos camiños de New Hampshire.
Lembro unha estación chamada Alción, e a un gardafrenos
          berrando ós pasaxeiros: ¡Alción! ¡Alción!
Lémbrome de ter escoitado ós buscadores de ouro
          que soio atopaban o suficiente pra facer anelos de boda.
Lémbrome dun gran rapaz que me contaba que o seu pai
          recibía cartas e o sobre decía: “Robert Frost, New Hampshire”
Lembro un vello refrán irlandés: “O seu rostro
          será como un violín, e quen a vexa, amaraa”
E teño un recordo, dous recordos, tres recordos;
          un pequeno pano cheo de recordos.

Unha estrela que sae cedo no serán sober dun berce de lúa,
un río escuro salpicado de tardías estrelas,
un faro de moto coma un embudo de luz no cume dun outeiro,
dous bois arrastrando un trineo carregado de madeira,
un rapaz con esquís erguéndose após unha caída...
Lembro paseos e máis paseos polos camiños de New Hampshire:
          Gardo un pequeno pano cheo de recordos.

 
Traducción de Álvaro Cunqueiro publicada orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
[New Hampshire again // I remember black winter waters,/ I remember thin white birches,/ I remember sleepy twilight hills,/ I remember riding across New Hampshire lengthways./ I remember a station named “Halcyon,” a brakeman calling to passengers “Halcyon‼ Halcyon‼”/ I rermember having heard the gold diggers dig out only enough for wedding rings./ I remember a stateley child telling me her father gets letters adressed “Robert Frost, New Hampshire.”/ I remember an old Irish saying, "His face is like a fiddle and every one who sees him must love him."/ I have one remember, two remembers, ten remembers; I Have a little handkercheif bundle of remembers.// One early evening star just over a cradle moon,/ One dark river with a spatter of later stars caught,/ One funnel of a motorcar head-light up a hill,/ One team of horses hauling a bobsledload of wood,/ One boy on skis picking himself up after a tumble―/ I remember one and a one and a one riding across New Hampshire lengthways: I have a little handkercheif bundle of remembers.]

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

15 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Rainer Maria Rilke

 

De “Lacrimosa”

Pro, os invernos! Ouh, estas voltas
secretas da terra. Pois por amor dos mortos
céntrase o pulo das saivas
no puro retorno,
pulo de futuras primaveras.
Onde, sob a dureza
labra o imaxinar; onde o verde,
no canto dos grandes estíos, de novo
amósase e faise espello outra vez
de presentimento: onde a color das flores
tira ó esquezo aquel demoramento dos nosos ollos.

Ai, non estar arredado,
non apartado por parede tan feble
da celeste medida.
Interior, que quer dicir
senón aumentado ceo,
sucado de paxaros e fondo
de ventos por volver ó fogar?

Fatalmente, quero dar volta á roda,
teño medo, cando algo mortal me retén.
Un colo detívome unha vez.
Mortal loita pra arrincarme del:
abrinme paso á vida. Pro, son tan fondos
os brazos, tan fecundos, pra que pidan
o intre inicial
dun novo nacimento?

Rosa, contradición pura, lecer
de non ser soño de ninguén
entre tantos párpados.


Día de outono

Señor, é hora. Longo foi o verán.
Deita a tua sombra nos reloxes de sol,
e ceiba os ventos polas chairas.

Fai que madurezan os derradeiros froitos;
dalles aínda dous días máis de lentor,
apúralles a sazón, e mete
no viño espeso a dozura final.

Xa non fará casa o que agora non a ten,
quen agora esté soio estarao por sempre,
velará, lerá, escribirá longas cartas,
e daquí pra acolá vagará polas alamedas
sen deterse, igual que folla seca.


Traduccións de Álvaro Cunqueiro publicadas orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
[O Lacrimosa (III) // Aber die Winter! Oh diese heimliche / Einkehr der Erde. Da um die Toten/ in dem reinen Rückfall der Säfte/ Kühnheit sich sammelt,/ künftiger Frühlinge Kühnheit./ Wo das Erdenken geschieht/ unter der Starre; wo das von den großen/ Sommern abgetragene Grün/ wieder zum neuen/ Einfall wird und zum Spiegel des Vorgefühls;/ wo die Farben der Blumen/ jenes Verweilen unserer Augen vergißt. // Ach nicht getrennt sein, / nicht durch so wenig Wandung / ausgeschlossen vom Sterne Maß. / Innres, was ists? / Wenn nicht gesteigerter Himmel, / durchworfen mit Vögeln und tief / von Winden der Heimkehr. // Unaufhaltsam will ich die Bahn vollenden, / mich erschreckt es, wenn mich ein Sterbliches hält. / Einmal hielt mich ein Schooß. / Ihm sich entringen, war tödlich: / ich rang mich ins Leben. Aber sind die Arme so tief, / sind sie so fruchtbar, im ihnen / durch die beginnliche Not / neuer Geburt zu entgehen?// (…)// Rose, oh reiner Widerspruch, Lust,/ Niemandes Schlaf zu sein unter soviel/ Lidern.
Herbsttag // Herr: es ist Zeit. Der Sommer war sehr groß. / Leg deinen Schatten auf die Sonnenuhren, / und auf den Fluren laß die Winde los. // Befiel den letzten Früchten voll zu sein; / gib ihnen noch zwei südlichere Tage, / dränge sie zur Vollendung hin und jage / die letzte Süße in den schweren Wein. // Wer jetzt kein Haus hat, baut sich keines mehr. / Wer jetzt allein ist, wird Es lange bleiben, / wird wachen, lesen, lange Briefe schreiben / und wird in den Alleen hin und her / unruhig wandern, wenn die Blätter treiben.]

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

14 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Carles Riba

 

Fuges quan per haver-te…

Fuxes mesmo cando por terte
dariamos, nunha noite escura,
a estrela que sorrí, aberta, acolá,
e nunha mar incerta,
un porto dourado de viñas ó regreso,
e no silencio de odio, o canto
dunha rapaza pura.

Se nos deixases ó menos,
ouh fermosa altiva, un doce soño de teu
entre os ollos e a visión infinita
do mundo! Pro apértasnos
coa soedade, prisioneiros da fixa
ollada túa, que a habita
de lonxe, sen ti.

Pro se foses nosa,
se deixases –un intre non máis– os teus brazos
ó noso colo, cinguindo o eterno engano
de crer aceso o teu rostro
por un amor que de ano en ano
aprendimos –feito de doce afán
e tristes pasos–;

se cho désemos –tan
caladiñamente atesourado!–
que forza inmortal nos restaría,
desligados do engado,
pra rexurdir sobre da febre impía
e a animal melanconía
e a soedade?


Traducción de Álvaro Cunqueiro publicada orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
[Fuges, quan per haver-te/ donaríem, en una nit obscura,/ l’estel que riu, armat, en un tombant,/ i en una mar incerta,/ un port daurat de vinyes al voltant,/ i en un silenci d’odi, el cant/ d’una noia pura. // Ens deixessis almenys,/ oh bella altiva, un somni dolç de tu/ entre els ulls i la visió infinita/ del món! però ens estrenys/ amb soledat, presoners de la fita/ mirada teva, que l’habita/ de lluny, sense tu. // Però si fossis nostra,/ si daves –uns instants només –tos braços/ al nostre coll, cenyint l’ardent engany/ de creure encès ton rostre/ per un amor com el que d’any en any/ hem après –fet de dolç afany/ i de tristos passos–; // si te’l lliuràvem –tan/ silenciosament atresorat!–/ ¿quina força immortal ens restaria,/ deslligat de l’encant,/ per ressorgir damunt la febre impia/ i l’animal malenconia/ i la soledat?]

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

13 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Salvatore Quasimodo

 

A un poeta enemigo

Na area de Gela, da cor da palla,
eu deitábame na miña infancia, a carón do antigo
mar de Grecia con moitos soños nas mans
e no peito. Acolá, Esquilo desterrado
versos mideu e pasos desconsolados,
naquel golfo abrasado a aguia veuno
e foi o derradeiro día. Home do Norte, que desexas
pra a túa paz verme pequeno ou morto, agarda:
a nai do meu pai cumprirá cen anos
a nova primavera. Agarda: que eu mañá
quizais xogue co teu cráneo, amarelo pola choiva.


Entre os salgueiros

E como podiamos cantar
co pé estranxeiro sober do corazón,
entre os mortos abandonados nas prazas,
sobre a herba ríxida do xelo, ante o laio
de año dos nenos, ante o ouveo mouro
da nai que ía cara ó fillo
crucificado no poste de telégrafo?
Nas ponlas dos salgueiros, coma exvotos,
tamén as nosas liras colgaban,
meneándose lentas co triste vento.


Traduccións de Álvaro Cunqueiro publicadas orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
[A un poeta nemico // Su la sabbia di Gela colore della paglia/ mi stendevo fanciullo in riva al mare,/ antico di Grecia con molti sogni, nei pugni/ stretti e nel petto. Là Eschilo esule/ misurò versi e passi sconsolati,/ in quel golfo arso l'aquila lo vide/ e fu l'ultimo giorno. Uomo del Nord, che mi vuoi/ minimo o morto per tua pace, spera:/ la madre di mio padre avrà cent’anni/ a nuova primavera. Spera: che io domani/ non giochi col tuo cranio giallo per le piogge.
Alle fronde dei salici // E come potevamo noi cantare/ con il piede straniero sopra il cuore,/ fra i morti abbandonati nelle piazze/ sull’erba dura di ghiaccio, al lamento/ d’agnello dei fanciulli, all’urlo nero/ della madre che andava incontro al figlio/ crocifisso sul palo del telegrafo?/ Alle fronde dei salici, per voto,/ anche le nostre cetre erano appese,/ oscillavano lievi al triste vento.]

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

12 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Ezra Pound

 

Loubanza de Isolda (fragmento)

Vanamente loitei
por ensiñar ó corazón a axoenllarse;
Vanamente lle dixen:
―Outros cantores hai meirandes que ti.
Pro a resposta xurde como o vento e a ladaíña,
como un vago laio na noite
que non me dá descanso e dice sempre:

―Un canto! Un canto!
Os seus ecos entrecrúzanse no crepúsculo
percurando sempre un canto.
Ai! Estou esposado
e o vagar polas moitas estradas fixeron dos meus ollos
roxos cercos escuros cheos de po.
E nembargantes me posúe no crepúsculo,
un tremor, e verbas roxas tolas berran: Un canto!
Verbas grises tolas berran por un canto.
Verbas folliñas mouras berran: Un canto!
Verbas folliñas verdes berran por un canto.

E non teño canto, eu.
Deica a alma non mandou unha dona coma o sol:
ouh si!, coma o sol chama á semente,
como a primavera sobre o ramo,
así vén ela, nai dos cantos,
a que ten verbas maravillosas nos ollos,
as verbas toliñas, verbas
que me invocan sempre:

Un canto! Un canto!
Vanamente loitei coa miña alma
pro, que alma se axoenlla
contigo no corazón?


Canto XLV

COA USURA

Coa usura non hai home que teña casa de boa pedra
cada pedra ben cortada e ben axustada
pra que o debuxo poida taparlles o rostro,
con usura
non hai home que teña un paraíso pintado no muro da súa eirexa
harpes et luthes
ou unha virxe reciba un mensaxe
e un halo baixe dende a incisión,
con usura
non olla tal Gonzaga os seus vástagos e concubinas
non se pinta un cadro pra que perdure e comparta vida,
senón pra vendelo, e vendelo de présa,
con usura, pecado contra natureza,
o teu pan xa son unhas migallas resésigas,
pan seco coma papel
non houbo fariña dura de trigo montañés
con usura o home non atopa lugar pra a súa casa
alónxase da pedra ó canteiro
ó tecedor do seu telar
CON USURA
non chega la ó mercado
nin dá ganancia a ovella.
Usura é unha plaga, usura
despunta a agulla nas mans da rapariga
e acaba coa arte da fiandeira. Pietro Lombardo
non veu pola usura
Duccio non veu pola usura
nin Piero della Francesca, Zuan Bellin pola usura
tampouco, nin se pintou "A calumnia”.
Non pola usura veu o Angélico, nin Ambrogio Praedis,
non houbo eirexa de pedra labrada firmada:
                                                                               Adamo me fecit.
Non pola usura St. Trophime
non pola usura St. Hilaire.
A usura enche de mofo os cinceis,
o arte e o artífice
gasta os fíos do tear,
ninguén aprende a urdir o ouro na peza.
Pola usura desfíase o cramoisi,
non atopa o color esmeralda ningún Memling
A usura mata o neno no ventre,
impídelle ó mozo ser galán,
a parálisis chega ó leito, xace
entre a xoven esposa e o esposo
                             CONTRA NATURA
infestaron a Eleusis de rameiras.
Hai un banquete de cadavres
por decreto da usura.


Traduccións de Álvaro Cunqueiro publicadas orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
[Praise of Ysolt // In vain have I striven,/ to teach my heart to bow;/ In vain have I said to him/ “There be many singers greater than thou”./ But his answer cometh, as winds and as litany,/ As a vague crying upon the night/ That leaveth me no rest, saying ever,/ “Song, a song”.// Their echoes play upon each other in the twilight/ Seeking ever a song./ Lo, I am worn with travail/ And the wandering of many roads hath made my eyes/ As dark red circles filled with dust./ Yet there is a trembling upon me in the twilight,/ And little red elf words crying “A song”,/ Little grey elf words crying for a song./ Little brown leaf words crying “A song”./ Little green leaf words crying for a song./ [The words are as leaves, old brown leaves in the spring time/ Blowing they know not whither, seeking a song.// White words as snowflakes but they are cold,/ Moss words, lip words, words of slow streams.// In vain have I striven/ to teach my soul to bow,/ In vain have I pled with him:/ “There be greater souls than thou”.// For in the morn of my years there came a woman/ Aa moonlight calling,/ As the moon calleth the tides,/ “Song, a song”./ Wherefore I made her a song and she went from me/ As the moon doth from the sea,/ But still came the leaf words, little brown elf words/ Saying “The soul sendeth us.”/ “A song, a song!”/ And in vain I cried unto them “I have no song/ For she I sang of hath gone from me”.// But my soul sent a woman, a woraan of the wonder-folk,/ A woman as fire upon the pine woods/ crying, “Song, a song.”/ As the flame crieth unto the sap./ My song was ablaze with her and she went from me/ As flame leaveth the embers so went she unto new forests/ And the words were with me/ crying ever “Song, a song.”]// And I “I have no song”,/ Till my soul sent a woman as the sun:/ Yea as the sun calleth to the seed,/ As the spring upon the bough/ So is she that cometh, the mother of songs,/ She that holdeth the wonder words within her eyes/ The words, little elf words/ that call ever unto me,// “Song, a song”./ In vain have I striven with my soul/ to teach my soul to bow./ What soul boweth/ while in his heart art thou?
Canto XLV // WITH USURA // With usura hath no man a house of good stone/ each block cut smooth and well fitting/ that design might cover their face,/ with usura/ hath no man a painted paradise on his church wall/ harpes et luthes/ or where virgin receiveth message/ and halo projects from incision,/ with usura/ seeth no man Gonzaga his heirs and his concubines/ no picture is made to endure nor to live with/ but it is made to sell and sell quickly/ with usura, sin against nature,/ is thy bread ever more of stale rags/ is thy bread dry as paper,/ with no mountain wheat, no strong flour/ with usura [the line grows thick/ with usura is no clear demarcation/ and] no man can find site for his dwelling./ Stonecutter is kept from his tone/ weaver is kept from his loom/ WITH USURA/ wool comes not to market/ sheep bringeth no gain with usura/ Usura is a murrain, usura/ blunteth the needle in the maid’s hand/ and stoppeth the spinner’s cunning. Pietro Lombardo/ came not by usura/ Duccio came not by usura/ nor Pier della Francesca; Zuan Bellin’ not by usura/ nor was ‘La Calunnia’ painted./ Came not by usura Angelico; came not Ambrogio Praedis,/ Came no church of cut stone signed:/ Adamo me fecit./ Not by usura St. Trophime/ Not by usura Saint Hilaire,/ Usura rusteth the chisel/ It rusteth the craft and the craftsman/ It gnaweth the thread in the loom/ None learneth to weave gold in her pattern;/ [Azure hath a canker] by usura; cramoisi is unbroidered/ Emerald findeth no Memling/ Usura slayeth the child in the womb/ It stayeth the young man’s courting/ It hath brought palsey to bed, lyeth/ between the young bride and her bridegroom/ CONTRA NATURAM/ They have brought whores for Eleusis/ Corpses are set to banquet/ at behest of usura.]

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

11 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Sylvia Plath

 

Verbas

Brosas
ven do bosque o soar dos golpes,
e os ecos!
Ecos lanzados
dende o centro, coma cabalos.

A seiva
burbulla coma bágoas, coma
auga que loita
por restaurar o espello
sobre a roca

que xira e tira
un cráneo branco,
devorado polas algas verdes.
Anos pasados
olleinas polos camiños:

verbas secas e sen xinete,
infatigables xordos cascos.
Namentras
do fondo do estanque, estrelas inmóviles
rexen unha vida.


Traducción de Álvaro Cunqueiro publicada orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
[Words // Axes/ After whose stroke the wood rings,/ And the echoes!/ Echoes traveling/ Off from the center like horses.// The sap/ Wells like tears, like the/ Water striving/ To re-establish its mirror/ Over the rock// That drops and turns,/ A white skull,/ Eaten by weedy greens./ Years later I/ Encounter them on the road―// Words dry and riderless,/ The indefatigable hoof-taps./ While/ From the bottom of the pool, fixed stars/ Govern a life.]

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

10 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Charles Péguy

 

Adeus ó río Mosa

Adeus, Mosa, o adormecedor e doce da miña infancia,
que te verques nos prados ós pés dos que ti vas.
Mosa, adeus, xa me vou indo
a países novos, polos que ti non corres.

Velaquí que eu me vou pra países novos:
e darei a batalla e pasarei os ríos;
ensaiarme xa vou en novos traballos,
e acolá lonxe comezarei tarefas novas.

E namentres, en todo este tempo, Mosa ignorante e doce,
ti correrás sempre, pasaxeiro cotián,
no val fermoso onde a herba medra,

ouh Mosa inesgotable que eu tanto amei!

Vaise a pastora, abandonando os años,
e vaise a fiadora, abandonando os fusos.
Voume eu lonxe das túas boas augas,
voume eu lonxe das nosas boas casas.

Mosa que ren sabe do sofrimento humán,
ouh Mosa que non cambia e é doce toda a miña infancia,
ti que non sabes a tristura da despedida,
ti que pasas sempre e non te vas xamais!

Cando aquí volverei fiar a miña la,
cando verei as túas ondas rentes da miña casa,
cando nos veremos, e nos tornaremos a ver?

Mosa, que eu amo aínda, que amo e amarei!


Traducción de Álvaro Cunqueiro publicada orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
[Adieu à la Meuse // Adieu, Meuse endormeuse et douce à mon enfance,/ Qui demeures aux prés, où tu coules tout bas./ Meuse, adieu: j’ai déjà commencé ma partance/ En des pays nouveaux où tu ne coules pas.// Voici que je m’en vais en des pays nouveaux:/ Je ferai la bataille et passerai les fleuves;/ Je m’en vais m’essayer à de nouveaux travaux,/ Je m’en vais commencer là-bas les tâches neuves.// Et pendant ce temps-là, Meuse ignorante et douce,/ Tu couleras toujours, passante accoutumée,/ Dans la vallée heureuse où l’herbe vive pousse,// Ô Meuse inépuisable et que j’avais aimée.// [Tu couleras toujours dans l’heureuse vallée;/ Où tu coulais hier, tu couleras demain./ Tu ne sauras jamais la bergère en allée,/ Qui s’amusait, enfant, à creuser de sa main/ Des canaux dans la terre, à jamais écroulés.]// La bergère s’en va, délaissant les moutons,/ Et la fileuse va, délaissant les fuseaux./ Voici que je m’en vais loin de tes bonnes eaux,/ Voici que je m’en vais bien loin de nos maisons.// Meuse qui ne sais rien de la souffrance humaine,/ Ô Meuse inaltérable et douce à toute enfance,/ Ô toi qui ne sais pas l’émoi de la partance,/ Toi qui passes toujours et qui ne pars jamais,/ [Ô toi qui ne sais rien de nos mensonges faux,]// [Ô Meuse inaltérable, ô Meuse que j’aimais,]// Quand reviendrai-je ici filer encor la laine?/ Quand verrai-je tes flots qui passent par chez nous?/ Quand nous reverrons-nous? Et nous reverrons-nous?// Meuse que j’aime encore, ô ma Meuse que j’aime.]

  Centenario Cunqueiro 1911·2011 

9 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Cesare Pavese

 

Incontro: Queste dure colline…

Estes duros outeiros que fixeron meu corpo
e o abanean con tantos recordos, desfecharon o prodixio
de aquela que non sabe que a vivo, e non chego a entendela.

Atopeime coela, unha noite: unha mancha máis clara
sob as incertas estrelas, no fusco do verán.
Arrodeábanos a fragrancia destes outeiros
máis profunda que a sombra, e súpeta sonou
coma se saíse destes altos, unha voz máis limpa
e áspera á vez, unha voz de tempos idos.

Algunha vez a vexo, e revive diante de min
definida, inmutable, coma unha lembranza.
Nunca puiden asila: a súa realidade
cada vez se me esguíe, e lévame máis lonxe.
Sea fermosa ou non, non o sei. Entre as mulleres, moza é:
solpréndeme, ó imaxinala, un lonxano recordo
da miña infancia, vivida nestes outeiros,
tan noviña é. Semella á mañá. Amósame nos ollos
tódolos ceos lonxanos daquelas mañás remotas.
E ten nos ollos un propósito firme: a luz máis limpa
que endexamais a ialba tivo sober destes outeiros.

Eu creeina do fundo de tódalas cousas
que me son máis queridas, e non chego a entendela.

 

Non coñeces os montes

Non coñeces os montes
onde o sangue foi derramado.
Todos cantos fuximos,
todos cantos tiramos
a arma e o nome. Unha muller
mirábanos fuxir.
Un soio de nós
parouse, pechado o puño,
contemplou o ceo valeiro,
inclinou a cabeza e morreu,
a carón dun muro, en silencio.
Agora é unha mancha de sangue
e o seu nome. Unha muller
agarda alá nos montes.


Traducción de Álvaro Cunqueiro publicada orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro  Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
[Incontro // Queste dure colline che han fatto il mio corpo/ e lo scuotono a tanti ricordi, mi han schiuso il prodigio/ di costei, che non sa che la vivo e non riesco a comprenderla.// L'ho incontrata, una sera: una macchia più chiara/ sotto le stelle ambigue, nella foschia d'estate./ Era intorno il sentore di queste colline/ più profondo dell'ombra, e d'un tratto suonò/ come uscisse da queste colline, una voce più netta/ e aspra insieme, una voce di tempi perduti.// Qualche volta la vedo, e mi vive dinanzi/ definita, immutabile, come un ricordo./ Io non ho mai potuto afferrarla: la sua realtà/ ogni volta mi sfugge e mi porta lontano./ Se sia bella, non so. Tra le donne è ben giovane:/ mi sorprende, e pensarla, un ricordo remoto/ dell'infanzia vissuta tra queste colline,/ tanto è giovane. È come il mattino, mi accenna negli occhi/ tutti i cieli lontani di quei mattini remoti./ E ha negli occhi un proposito fermo: la luce più netta/ che abbia avuto mai l'alba su queste colline.// L'ho creata dal fondo di tutte le cose/ che mi sono più care, e non riesco a comprenderla.
Tu non sai le colline // Tu non sai le colline / dove si è sparso il sangue./ Tutti quanti fuggimmo/ tutti quanti gettammo/ l'arma e il nome. Una donna/ ci guardava fuggire./ Uno solo di noi/ si fermò a pugno chiuso,/ vide il cielo vuoto,/ chinò il capo e morí/ sotto il muro, tacendo./ Ora è un cencio di sangue/ e il suo nome. Una donna/ ci aspetta alle colline.]

  Centenario Cunqueiro 1911·2011