29 de setembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / W.H. Auden



Fuerunt

Dixo a voz. E engadiu á entrada
do laberinto: Quando non fuerit, non est!
O corvo da dúbida sob as ponlas da noite
non ousaba mirar pra Venus, o Luceiro,
—eses segredos noxos e xenreiras
que fan un deserto das pradeiras—
pro o que pedira un camiño, ía
por el ledo e sen fadiga,
disposto a camiñar polas trevas
deica escoitar o galo cantar pró día.
Porque hai un Camiño, e unha Voz.
E por quen preguntar á chegada
—non sofisticar á inocencia—
pola música pra unha verdadeira
danza de amor. Ou polas rosas, ou as fontes
do Inferno. Alguén pode responder
dende a entrada do laberinto
cunha voz terrible, nembargantes encantadora,
FUERUNT! Foron o xardín e o inferno.


Tradución de Álvaro Cunqueiro publicada orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.

  Centenario Cunqueiro 1911·2011