30 de setembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Antonio Barolini

 

Os rizos da señora MacKenzie

Pásaste tódolos días faguendo rizos
e enrolando o teu cabelo con forquiñas,
fusos de cartón e bigodís.
Aínda que seña festa ou domingo.
Non hai hora do día ou da noite
que non esteñas nesta laboura,
mortificándote na túa casa,
na que da o sol e ten un patio florido.

Soio cando Alberte te chama,
te abraza,
e mete a súa ancha man
nos teus rizos, e desfai toda a obra,
namentras te bica na boca aberta
nun aloumiño salvaxe.

Que suprema homenaxe
che adica, ouh Eros!
o amor!


Traducción de Álvaro Cunqueiro publicada orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Poesía 1933-1981, editado por Galaxia en 2011, coma si fose una das sús falsas traduccións, isto é, un poema orixinal de Cunqueiro asinado por un poeta inexistente, neste caso italiano e chamado Antonio Bariolim (sic) (Castro Buerger, Iago, 2011/2004, Os alófonos fantásticos. Poemas descoñecidos de Álvaro Cunqueiro). Ver na wikipedia italiana Antonio Barolini.

  Centenario Cunqueiro 1911·2011