Pouco despois de regresar Ulises
Fala Penélope :
―A súa man quixo coller a miña,
como a espada, ou a serpe
que quere roela…
Ben me lembro. A boca voraz do outro,
os ollos bondadosos do terceiro,
coa marca graciosa sober do esquerdo.Inxectado en sangue, untado de roxo…
Que pasará agora? Vento duro
contra a roca, granizo de gueivotas. Morte
tras morte.
Unha vez a soedade foi un baile
e a saudade unha flauta
e a agarda o máis fermoso pretendente.
Traducido coa axuda de Berit Wöxstrom
Traducción de Álvaro Cunqueiro publicada orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
Centenario Cunqueiro 1911·2011
0 comentarios:
Deixar un comentario na entrada