27 de outubro de 2011

Álvaro Cunqueiro / Max Jacob

 

Algún día volverei

Algún día volverei, chova ou faga sol,
a buscar esta canción.
Irémonos collidos do brazo
pola beira do río, decíndolle ás rulas
—as rulas que nos miran dende as ponlas,
solprendidas de tal parexa,
como si viran un sapo cunha volvoreta—,
decíndolle ás rulas: aquí van dous
que aman a primavera, entolecidos pola vida
coma polo viño. Ou si querés, dous nenos
tan pobres como queirades, soios,
pro inmeigados por ese vento
que corre deica os nosos beizos dende as estrelas.
Deixarei a canción nunha outa torre
i eu ireime mui lonxe, quizaves ó deserto,
a soñar con ela. Soñar, que é o millor que hai, cunha canción de seu,
millor que ter doce anos, ou beber auga fresca.
En fin, aquí vamos dous amantes asubiando
polas ribeiras, en primavera.


Traducción de Álvaro Cunqueiro publicada no Faro de Vigo.

  Centenario Cunqueiro 1911·2011