Naza este día cego
Naza este día cego:
a eternidade tamén está chea de ollos
—acolá cae no abismo
e afógase—, isto que fixo ás imaxes pasar
tal camiño, onde apareceron,
deica acolá,
apágase isto que ten a palabra
cun xesto, a ti tamén te botou,
que ti deixas chegar coma
danza de dúas verbas feitas
de outono, de seda e de nada.
Traducción a partir da versión francesa de André du Bouchet
Traducción de Álvaro Cunqueiro publicada orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
Centenario Cunqueiro 1911·2011
0 comentarios:
Deixar un comentario na entrada