Segundo nacimiento
Non haberá na casa
máis que o solpor. E soio
o día invernal aparecerá
por entre as dúas contras mal fechadas.
Somentes a choiva presurosa
de felepas brancas,
e soio, sempre, os tellados e a neve,
e a neve e os tellados, e ren máis,
E despois, de novo, os cristais da xeada,
e outra vez eu serei a presa
das tristezas do ano que se vai,
das mágoas do ano comprido.
Pro, de súpeto, a cortina da entrada móvese,
lixeiramente estremécese.
Inquedando cos teus pasos o silencio,
tal o sino, ti entras na casa.
Apareces perto da porta,
toda de branco vestida, sen adubio algún,
e o teu traxe parece feito da materia mesma
de que están feitas as felepas brancas.
Traducción de Álvaro Cunqueiro publicada orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
Centenario Cunqueiro 1911·2011
0 comentarios:
Deixar un comentario na entrada