A sorrisa e a nostalxia
A sorrisa dos irlandeses
é unha mañá de maio.
Cando un irlandés sorrí
isto val tanto coma os coros do Paraíso.
Se un irlandés está ledo,
o mundo enteiro resplandece.
Se un irlandés sorrí,
todo está feito, todo corazón feliz.
NOUTRORA EU ERA FELIZ traballando no campo.
Os paxaros acompañábanme, peteirando aquí, voando.
As galiñas cacarexaban, as ocas choqueaban,
e o burro enfitado trotaba camiño da feira.
Era primavera, afiábanse as fouzañas.
Florecía o centeo, a herba secaba nos prados.
Hoxe envellezo, e ando dobregado.
Pro o meu corazón segue sendo desexo, pulo e ledicia.
Traducción de Álvaro Cunqueiro publicada orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
Centenario Cunqueiro 1911·2011
0 comentarios:
Deixar un comentario na entrada