Amosando publicacións coa etiqueta Cunqueiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cunqueiro. Amosar todas as publicacións

24 de xaneiro de 2012

Cunqueiro / Almada Negreiros

De bruxas e romanos

Almada Negreiros - Rio Limia 
José de Almada Negreiros, Décimo Junio Bruto onda o río Limia (Tapiz)

“Comandadas por Decius Junius Brutus, as hostes romanas atinxiran a marxe esquerda do Limia no ano 135 a. C. A beleza do lugar failles crerse diante do lendario río Leteo, que apagaba tódalas lembranzas da memoria de quen o atravesase. Os soldados negáranse a atravesalo. Entón, empuñando o estandarte das aguias de Roma, o comandante chamou, da outra marxe, a cada soldado polo seu nome. Así proboulles non ser ese o río do Esquecemento.”

 

Álvaro Cunqueiro
Dous fragmentos do artigo A
nxos e demos

 

Os romanos diante do Leteo

A miña rexión está nun extremo de España, xustamente no Finis Terrae no extremo occidental do mundo coñecido, lonxe, coma mergullada na néboa, escoitando as roucas voces do bosque e o mar, e durante moitos séculos non houbo camiños a poñente: Galicia illada, coma se fose verdade que pra entrar nela houbese que pasar polo río Letheo, o río do Esquecemento, conforme creron os romanos cando por alí chegaron a primeira vez.

Estaba o galego adornado de ouro e velando plenilunios, cando chegaron os romanos. Entraron polo sueste, polos actuais vales de Verín e Monterrei e de seguida se encontraron ca terra d’A Limia, onde está a lagoa de Antela, tan importante na maxia galega, porque se cre que asolagada nela está unha cidade que se chama nada menos que Antioquía de Galicia, coma Yss castigada por un pecado que non coñecemos. Era marzo, con néboas, e os romanos estaban naquela rexión desolada diante dun río que, coma o flumen est Arar de César, non se sabe se vai pra arriba ou pra abaixo, de tan aquietada que está a corrente, xunta aquela lagoa neboenta afuracada polas xunqueiras e os corvos que fuxían gralladores, de xeito que aqueles arriscados guerreiros de cen batallas non se non atrevían a pasar, porque dicían que era o Letheo, o río latino e occidental do Esquecemento. Temían que, se o atravesaban, perderían a memoria, esquecerían a súa lingua, non se lembrarían da patria nin da súa familia, e vagarían pra sempre amnésicos polo mundo.

Tivo quen os mandaba, Décimo Xunio Bruto, que pasalo el a cabalo e, dende a outra beira, comezar a chamalos polos seus nomes, dicírlle-las batallas en que estiveran, recordarlles cousas que lles sucederan xuntos nas cen campañas de Roma, ata convencelos de que non se perdía a memoria pasando aquel río e que, por consecuencia, non era o Letheo.

 

A bruxa Manuela Miranda

Así que non é que en Galicia haxa máis bruxas, senón que somos os galegos quen cremos que as hai. Admitímo-la existencia de moitas meigas, que veñen ser o mesmo que as bruxas, por máis que entre nós tamén teña a palabra a acepción de afagadeira, sedutora, embelecadora.  (…)

Pra non andar con divagacións, hei dicir que as bruxas concedían un gran poder ó Príncipe do Mal, e lle atribuían unha gran sapiencia. Era esa presunción de poder alcanzar aquela outra ciencia o que as mantiña no oficio de bruxas. Segundo o cóengo Christian, no seu libro Actualidade de Satanás, outorgábanlle unha potencia semellante á divina xustamente por esa ciencia secreta ou maga.

E iso sabémolo porque efectivamente eran saberes que se transmitían no sábado, é dicir, por tradición oral, pero ademais lénllela a certas bruxas determinados demos menores cos que chegaron a ter relacións amorosas. Hase ter en conta que, por exemplo, san Tomé de Aquino, ou san Boaventura, aceptan que haxa trato carnal entre seres humanos e trasnos, con todo o asunto dos íncubos e os súcubos, á parte de que é cousa que aparece por tódolos lados nos procesos da Inquisición, xa francesa, como sobre todo, española. No libro de Bernardo Barreiro de Vázquez Varela vén como unha bruxa chamada Manuela Miranda, de Pontevedra, no ano 1615 ou 16, foi acusada de ter amores co demo. Por tres veces compareceron testemuñas, xente ben de Pontevedra, a declarar que o viran cos seus propios ollos, e os inquisidores aceptan –deámolo por probado– que a Manuela cumpría débito conxugal.

 

Ángeles y demonios (Anxos e demos) foi publicado en castelán no nº 37 de Los Cuadernos del Norte en agosto de 1986 e traducido ó galego no libro Universo Cunqueiro da editorial Sotelo Blanco, 2005. (A presente traducción é propia.)

soteloblancoedicions.com

22 de decembro de 2011

Álvaro Cunqueiro

100 ANOS
 Álvaro Cunqueiro clr
Álvaro Cunqueiro Mora
Mondoñedo, 22 de decembro de 1911 - Vigo, 28 de febreiro de 1981

“A inmortalidade? Non. A miña inmortalidade, a miña felicidade cífroa en que un día do ano 2500 sobre a terra haxa un home que lea un anónimo titulado 'Merlín'. E non asomarei o fociño entre as nubes pra protestar que non se diga o meu nome... Ou que de aquí a cincocentos anos, unha meniña, nunha tarde de primavera, cante unha canción miña…”
Entrevista de Pedro Rodríguez en ‘El Pueblo Gallego’, 8 de xaneiro de 1959

►Miguel González Somovilla, Cuando Cunqueiro imaginaba el año 2500, farodevigo.es


Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org Aquí pódense descargar tres publicacións sobre Álvaro Cunqueiro: Na Mesa con Cunqueiro, Álvaro Cunqueiro en Ortigueira y las Preactas do Congreso “Mil e un Cunqueiros”.

Álvaro Cunqueiro ~ cervantes.es

30 de novembro de 2011

Álvaro Cunqueiro

manuel_antonio 

Derradeira elexía a Manoel Antonio

Diriamos que pedra para a túa fronte fría
–para a túa alma mar e vento duro.
Ti si poeta, fenecido de algas verdes
o teu único corpo, silencioso e breve
.

Agora escoita eí, nese outro lado,
onde ás mareas e a Deus e á sombra toda
coma o Norés se repite, fondo estrano,
viaxeiro antergo, gaivota no teu sangue
.

Nós non choramos. Finalmente tristes
desconsolado ouvido inacabable somos.

__________________________________________

25 de setembro de 2011

Álvaro Cunqueiro / “A navegación de Bran”

 

centenario_cunqueiro

 


A navegación de Bran, fillo de Febal [fragmento]


Bran atopou que era unha grande cousa
ir en barca pola crara mar,
pro eu, dende lonxe, nun carro ben o vexo
coma si cabalgase por unha chaira florida.

O que a crara mar é
pra a barca con proa de Bran
é una chaira de ouro florido pra min
sob un carro de dúas rodas.

Os ollos de Bran
miran ondas da mar,
pro eu, coma nos campos de Xogos, vexo
flores de cabezas roxas.

Os cabalos do mar brillan no verán
tan lonxe como acada a ollada de Bran,
e hai ríos que verquen olas de mel
nas terras de Manannân, fillo de Ler.

Esta cor da mar que ti navegas,
este tinte branco da mar que fenden os remos
é do marelo e do azul misturados,
é coma unha terra branda.

Salmóns pintados xurden do fondo
da mar branca que ti ollas;
son coma xatiños e años de cor
que van e veñen xogando.

                   ***

Soio un guiador de carro
vese na chaira de ouro florida,
non embargantes haxa moitos corredores,
aínda que ti non poidas sabelo.

                  ***

Por derriba dun bosque que flota
cvc.cervantes.es

vai a túa barca sober das ponlas;
hai un bosque cheo de fermosos froitos
sob a proa da túa nao.

Un bosque de flores e de froitos,
percébese o cheiro do viño,
bosque sen chata nin outono,
aínda que as follas teñan a cor do ouro.


Da traducción inglesa de Nutt e Meyer


► Mil e un 'Cunqueiros'
► Pardo de Cela, de heroe nacional a farsa histórica

Traducción de Álvaro Cunqueiro publicada orixinalmente no Faro de Vigo e despois no libro Flor de diversos, editado por Galaxia en 1991.
[(…) Bran deems it a marvellous bauty/ In his coracle across the clear sea:/ While to me in my chariot from afar/ It is a flowery plain on which he rides about.// Wath is a clear sea/ For the prowed skiff in wich Bran is,/That is a happy plain with profusion of flowers/ To me frtom the chariot of two wheels.// Bran sees/ The number of waves beating across the clear sea:/ I myself see in Mag Mon/ Red-headed flowers without fault.// Sea horses glisten in sumer/ As far as Bran has stretched his glance:/ Rivers pour forth a stream of honey/ In the land of Manannan son of Ler.// The sheen of the main, on which thou art,/ The white hue of the sea, on which thou rowest about,/Yellow and azure are spread out,/ It is land, and is not rough.// Speckled salmon leap from the womb/ Of the white sea, on which thou lookest:/ They are calves, they are coloured lambs/ With friendliness, without mutual slaughter.// Though (but) one chariot-rider is seen/ In Mag Mell of many flowers,/ There are many steeds on its surface,/ Though them thou seest not.// (…) Along the top of a wood has swum/ Thy coracle across ridges,/ There is a wood of beautiful fruit/ Under the prow of thy little skiff.// A wood with blossom and fruit,/ On which is the vine’s veritable fragance,/ A wood without decay, without defect,/ On which are leaves of golden hue. (…) The Voyage of Bran (Imram Brain), traducción de Kuno Meyer.]