Amosando publicacións coa etiqueta rimas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta rimas. Amosar todas as publicacións

28 de xaneiro de 2015

Michelangelo Buonarroti (31-40)

◄ anterior

seguinte ►

 

Michelangelo Buonarroti


RIMAS
IV. 031 ~ 040

031

Amor non già, ma gli occhi mei son quegli
che ne’ tuo soli e begli
e vita e morte intera trovato hanno.
Tante meno m’offende e preme ’l danno,
più mi distrugge e cuoce
dall’altra ancor mi nuoce
tante amor più quante più grazia truovo.
Mentre ch’io penso e pruovo
il male, el ben mi cresce in un momento.
O nuovo e stran tormento!
Però non mi sgomento:
s’aver miseria e stento
è dolce qua dove non è ma’ bene,
vo cercando ’l dolor con maggior pene.


032

Vivo al peccato, a me morendo vivo;
vita già mia non son, ma del peccato:
mie ben dal ciel, mie mal da me m’è dato,
dal mie sciolto voler, di ch’io son privo.

Serva mie libertà, mortal mie divo
a me s’è fatto. O infelice stato!
a che miseria, a che viver son nato!
… … …


033

Sie pur, fuor di mie propie, c’ogni altr’arme
difender par ogni mie cara cosa;
altra spada, altra lancia e altro scudo
fuor delle propie forze non son nulla,
tant’è la trista usanza, che m’ha tolta
la grazia che ’l ciel piove in ogni loco.

Qual vecchio serpe per istretto loco
passar poss’io, lasciando le vecchie arme,
e dal costume rinnovata e tolta
sie l’alma in vita e d’ogni umana cosa,
coprendo sé con più sicuro scudo,
ché tutto el mondo a morte è men che nulla.

Amore, i’ sento già di me far nulla;
natura del peccat’ è ’n ogni loco.
Spoglia di me me stesso, e col tuo scudo,
colla pietra e tuo vere e dolci arme,
difendimi da me, c’ogni altra cosa
è come non istata, in brieve tolta.

Mentre c’al corpo l’alma non è tolta,
Signor, che l’universo puo’ far nulla,
fattor, governator, re d’ogni cosa,
poco ti fie aver dentr’a me loco;
… … …
… … …

… … …
… … …
che d’ogn’ uomo veril son le vere arme,
senza le quali ogn’ uom diventa nulla.


034

La vita del mie amor non è ’l cor mio,
c’amor di quel ch’i’ t’amo è senza core;
dov’è cosa mortal, piena d’errore,
esser non può già ma’, nè pensier rio.

Amor nel dipartir l’alma da Dio
me fe’ san occhio e te luc’ e splendore;
nè può non rivederlo in quel che more
di te, per nostro mal, mie gran desio.

Come dal foco el caldo, esser diviso
non può dal bell’etterno ogni mie stima,
ch’exalta, ond’ella vien, chi più ’l somiglia.

Poi che negli occhi ha’ tutto ’l paradiso,
per ritornar là dov’i’ t’ama’ prima,
ricorro ardendo sott’alle tuo ciglia.


035

El ciglio col color non fere el volto
col suo contrar, che l’occhio non ha pena
da l’uno all’altro stremo ov’egli è volto.

L’occhio, che sotto intorno adagio mena,
picciola parte di gran palla scuopre,
che men rilieva suo vista serena,

e manco sale e scende quand’ el copre;
onde più corte son le suo palpebre,
che manco grinze fan quando l’aopre.

El bianco bianco, el ner più che funebre,
s’esser può, el giallo po’ più leonino,
che scala fa dall’una all’altra vebre.

Pur tocchi sotto e sopra el suo confino,
e ’l giallo e ’l nero e ’l bianco non circundi
.
… … …


036

Oltre qui fu, dove ’l mie amor mi tolse,
suo mercè, il core e vie più là la vita;
qui co’ begli occhi mi promisse aita,
e co’ medesmi qui tor me la volse.

Quinci oltre mi legò, quivi mi sciolse;
per me qui piansi, e con doglia infinita
da questo sasso vidi far partita
colui c’a me mi tolse e non mi volse.


037

In me la morte, in te la vita mia;
tu distingui e concedi e parti el tempo;
quante vuo’, breve e lungo è ’l viver mio.

Felice son nella tuo cortesia.
Beata l’alma, ove non corre tempo,
per te s’è fatta a contemplare Dio.


038

Quanta dolcezza al cor per gli occhi porta
quel che ’n un punto el tempo e morte fura!
Che è questo però che mi conforta
e negli affanni cresce e sempre dura.

Amor, come virtù viva e accorta,
desta gli spirti ed è più degna cura.
Risponde a me: - Come persona morta
mena suo vita chi è da me sicura. -

Amore è un concetto di bellezza
immaginata o vista dentro al core,
amica di virtute e gentilezza.


039

Del fiero colpo e del pungente strale
la medicina era passarmi ’l core;
ma questo è propio sol del mie signore,
crescer la vita dove cresce ’l male.

E se ’l primo suo colpo fu mortale,
seco un messo di par venne d’Amore
che mi disse: - Ama, anz’ardi; ché chi muore
non ha da gire al ciel nel mondo altr’ale.

I’ son colui che ne’ prim’anni tuoi
gli occhi tuo infermi volsi alla beltate
che dalla terra al ciel vivo conduce. -


040

Quand’Amor lieto al ciel levarmi è volto
cogli occhi di costei, anzi col sole,
con breve riso ciò che preme e dole
del cor mi caccia, e mettevi ’l suo volto;

e s’i’ durassi in tale stato molto,
l’alma, che sol di me lagnar si vole,
avendo seco là dove star suole,
… … …

 

 

Amor non só, senón que os ollos meus
nos teus, raros e belos,
a vida e a morte enteira atoparon.
Canto menos me fire e oprime o dano,
máis me aflixe e destrúe;
e mais tamén me doe
tanto o amor canto nel máis gracia acho.
Mentres eu penso e probo
o mal, o ben en min medra nun intre.
Tormento novo e estraño!
Mais non me desespero:
se houber miseria e coita
é doce aquí, onde nunca hai bondade;
vou procurando a dor con maior pena.


 

Vivo en pecado, morrendo en min vivo;
non é miña a vida, que é do pecado.
O ben, do ceo; o meu mal de min vénme,
da libre vontade, que é o que me falta.

Serva a miña liberdade, en min fíxose
mortal o meu deus. Oh, infeliz estado!
A que miseria, a que vida eu nacín!
… … …


 

Se amais das miñas propias, outras armas
semellan defender todo o que eu quero,
outra espada, outra lanza e outro escudo
alén das propias forzas non son nada;
é o meu triste costume, que me quita
a graza que o ceo chove en todas partes.

Como a serpe vella nun sitio estreito,
pasar podo deixando as vellas armas,
e do hábito renovada e ceiba
de todo o humano será a alma en vida,
cubríndose co escudo máis seguro,
pois contra a morte o mundo non ten forza.

Amor, que me consumo xa eu sinto
e que en todo lugar está o pecado.
Íspeme de min, e co teu escudo
de piedade e as túas verdadeiras armas
deféndeme de min mesmo, que o outro
axiña é como se nunca existira.

Mentres que ao corpo a alma non lle é arrincada,
Señor, que o universo aniquilar podes,
facedor e rei de tódalas cousas,
estar dentro de min pouco te custa;
… … …
… … …

… … …
… … …
que do home viril son as certas armas,
sen as que ninguén acada ser nada.


 

A vida do meu amor non reside
no meu corazón, pois sen el eu ámote;
nel hai erros mortais e pensamentos
culpables, e alí xa non pode estar.

Amor, cando de Deus se afastou a alma,
deume ollo bo e a ti luz e esplendor;
para o noso mal, o meu gran desexo
só atangue velos no que en ti é mortal.

Tal do lume o calor, partir non podo
a eterna beleza da miña estima,
que exalta e se asemella ao seu orixe.

Pois hai nos ollos todo o paraíso,
por tornar alí onde eu te amei primeiro,
gorézome ardendo baixo as túas cellas.


 

A perfeba coa cor non fire o rostro
cando contrae, que o ollo non a sinte
dun extremo a outro por onde el xira.

O ollo, que alí embaixo amodo se move,
pequena parte da gran bóla amosa
que non resalta o seu sereno aspecto,

e non sube ou descende cando o cobre
onde máis curtas son as súas pálpebras,
que sequera se engurran cando actúan.

O branco branco, o negro máis ca fúnebre,
se ser pode, o amarelo máis leonado,
facendo escala dunha a outra fibra.

Que toque abaixo e arriba o seu confín,
e o amarelo, o negro e o branco non cerque,
[o vermello] … … …


 

Aquí foi que o meu amor me quitou,
pola súa mercé, o corazón e a vida;
aquí cos belos ollos prometeume
axuda, e cos mesmos negarma quixo.

Alá atrás atoume, acolá soltoume;
por min chorei e aquí con dor infinda
dende este penedo vin eu marchar
o que a min me quitou e non me quixo.


 

En min a morte, en ti a vida miña;
ti concedes e repárte-lo tempo:
tal queres, curto ou longo, é o vivir meu.

Feliz eu son na túa benevolencia.
Bendita a alma, e non lle corre o tempo,
por ti afeita a contemplar a Deus.


 

Que dozura ao corazón polos ollos
leva aquel que á vez tempo e morte rouba!
Mais isto mesmo é o que me conforta
e cos afáns acrece e dura sempre.

Amor, como virtude astuta e viva,
ergue o espírito e é a máis digna cura.
El respóndeme: «Talmente ca un morto
pasa a vida quen está de min lonxe.»

O amor é un concepto de beleza
ideal ou dentro do corazón vista,
ligada á virtude e á xentileza.


 

Do rexo golpe e da punxente frecha
a cura for o corazón cravarme;
mais isto é propio só do meu señor:
traerme vida onde me trae o dano.

E se o primeiro golpe foi mortal,
canda el viña unha mensaxe de Amor
que di: «Ama, aínda arderes; pois quen morre
outras ás para ir ao ceo non ten.

Aquel son que nos teus primeiros anos
os teus ollos virou cara a beleza
que vivo te leva da terra ao ceo.»


 

Cando Amor ledo ao ceo quere alzarme
cos ollos dela, máis có sol, con risa
breve que oprime e doe, o corazón
atrapa, e méteme nel o seu rostro;

e se eu moito durase en tal estado,
a alma, que de soa estar en min lanxe,
se é con el alí onde adoita habitar,
… … …


Leone Leoni, Michelangelo

Notas


031. Madrigal escrito nunha folla datada en 1522. O texto está parcialmente mutilado, pois lle faltan as primeiras letras de cada verso, e foi reconstruído conxecturalmente por E. N. Girardi aínda que con serias dúbidas, especialmente respecto dos dous primeiros versos.

032. Comezo dun soneto anotado no reverso dunha carta enviada a Michelangelo dende Carrara en outubro de 1525.

033. Sextina que aparece no reverso dun debuxo da Virxe co Neno, onde os versos 23 a 26 resultan ilexibles. No verso 16 P. Zaja le ‘colle pietose tuo vere e dolci arme’; e E. N. Girardi, malia ler ‘colla pietra e…’, interpreta ‘con le vere e dolci tue armi di pietà’.

034. Soneto de data incerta, anterior a 1526.

035. Tercetos encadeados, escritos na mesma folla que o número 34 e tamén da mesma data, antes de 1526. O poema, inacabado, trata do modo de pinta-los ollos; o último terceto falaría da

 

cor vermella. No verso 12 a palabra ‘vebre’, descoñecida en italiano, adoita ser entendida como fibrillas, as fibras que compoñen a capa fibrosa da esclerótica.

036
. Os dous cuartetos dun soneto, transcritas nunha folla con contas e, no reverso, bosquexos arquitectónicos, talvez para a biblioteca de San Lourenzo; de entre 1524 e 1534.

037. Dous tercetos transcritos na mesma folla que o número 38, do que non está claro se forman parte; da década de 1520.

038. Soneto inconcluso, escrito xunto ao número 37 e tamén da década de 1520.

039. Soneto inacabado escrito apresuradamente con lapis vermello; de contra 1525.

040. Comezo dun soneto anotado descoidadamente con lapis vermello; da mesma época que o número 39, á beira de 1525.

······  ☼  ······
 

Giulio Bonasone - MichelangeloRetrato de Michelangelo aos 72 anos por Giulio Bonasone, 1546

 



simil uom né maggior non nacque mai”

 

······ ······
© ēgm. 2015


 
Entradas publicadas:

001-010 011-020 021-030 031-040 041-050 051-060 061-070 071-080 081-090 091-100
101-110 111-120 121-130 131-140 141-150 151-160 161-170 171-180 181-190 191-100
201-210 211-220 221-230 231-240 241-250 251-260 261-270 271-280 281-290 291-302

15 de xaneiro de 2015

Michelangelo Buonarroti (21-30)

 

Michelangelo Buonarroti


RIMAS
III. 021 ~ 030

021

Chiunche nasce a morte arriva
nel fuggir del tempo; e ’l sole
niuna cosa lascia viva.
Manca il dolce e quel che dole
e gl’ingegni e le parole;
e le nostre antiche prole
al sole ombre, al vento un fummo.
Come voi uomini fummo,
lieti e tristi, come siete;
e or siàn, come vedete,
terra al sol, di vita priva.

Ogni cosa a morte arriva.
Già fur gli occhi nostri interi
con la luce in ogni speco;
or son voti, orrendi e neri,
e ciò porta il tempo seco.


022

Che fie di me? che vo’ tu far di nuovo
d’un arso legno e d’un afflitto core?
Dimmelo un poco, Amore,
acciò che io sappi in che stato io mi truovo.

Gli anni del corso mio al segno sono,
come saetta c’al berzaglio è giunta,
onde si de’ quetar l’ardente foco.
E’ mie passati danni a te perdono,
cagion che ’l cor l’arme tu’ spezza e spunta,
c’amor per pruova in me non ha più loco;
e s’e’ tuo colpi fussin nuovo gioco
agli occhi mei, al cor timido e molle,
vorria quel che già volle?
Ond’or ti vince e sprezza, e tu tel sai,
sol per aver men forza oggi che mai.

Tu speri forse per nuova beltate
tornarmi ’ndietro al periglioso impaccio,
ove ’l più saggio assai men si difende:
più corto è ’l mal nella più lunga etate
ond’io sarò come nel foco el ghiaccio,
che si distrugge e parte e non s’accende.
La morte in questa età sol ne difende
dal fiero braccio e da’ pungenti strali,
cagion di tanti mali,
che non perdona a condizion nessuna,
né a loco, né tempo, né fortuna.

L’anima mia, che con la morte parla,
e seco di se stessa si consiglia,
e di nuovi sospetti ognor s’attrista,
el corpo di dì in dì spera lasciarla:
onde l’immaginato cammin piglia,
di speranza e timor confusa e mista.
Ahi, Amor, come se’ pronto in vista,
temerario, audace, armato e forte!
che e’ pensier della morte
nel tempo suo di me discacci fori,
per trar d’un arbor secco fronde e fiori.

Che poss’io più? che debb’io? Nel tuo regno
non ha’ tu tutto el tempo mio passato,
che de’ mia anni un’ora non m’è tocca?
Qual inganno, qual forza o qual ingegno
tornar mi puote a te, signore ingrato,
c’al cuor la morte e pietà porti in bocca?
Ben sare’ ingrata e sciocca
l’alma risuscitata, e senza stima,
tornare a quel che gli diè morte prima.

Ogni nato la terra in breve aspetta;
d’ora in or manca ogni mortal bellezza:
chi ama, il vedo, e’ non si può po’ sciorre.
Col gran peccato la crudel vendetta
insieme vanno; e quel che men s’apprezza,
colui è sol c’a più suo mal più corre.
A che mi vuo’ tu porre,
che ’l dì ultimo buon, che mi bisogna,
sie quel del danno e quel della vergogna?


023

I’ fu’, già son molt’anni, mille volte
ferito e morto, non che vinto e stanco
da te, mie colpa; e or col capo bianco
riprenderò le tuo promesse stolte?

Quante volte ha’ legate e quante sciolte
le triste membra, e sì spronato il fianco,
c’appena posso ritornar meco, anco
bagnando il petto con lacrime molte!

Di te mi dolgo, Amor, con teco parlo,
sciolto da’ tuo lusinghi: a che bisogna
prender l’arco crudel, tirare a voto?

Al legno incenerato sega o tarlo,
o dietro a un correndo, è gran vergogna
c’ha perso e ferma ogni destrezza e moto.


024

I’ fe’ degli occhi porta al mie veneno,
quand’ el passo dier libero a’ fier dardi;
nido e ricetto fe’ de’ dolci sguardi
della memoria che ma’ verrà meno.

Ancudine fe’ ’l cor, mantaco ’l seno
da fabricar sospir, con che tu m’ardi.


025

Quand’il servo il signor d’aspra catena
senz’altra speme in carcer tien legato,
volge in tal uso el suo misero stato,
che libertà domanderebbe appena.

E el tigre e ’l serpe ancor l’uso raffrena,
e ’l fier leon ne’ folti boschi nato;
e ’l nuovo artista, all’opre affaticato,
coll’uso del sudor doppia suo lena.

Ma ’l foco a tal figura non s’unisce;
ché se l’umor d’un verde legno estinge,
il freddo vecchio scalda e po’ ’l nutrisce,

e tanto il torna in verde etate e spinge,
rinnuova e ’nfiamma, allegra e ’ngiovanisce,
c’amor col fiato l’alma e ’l cor gli cinge.

E se motteggia o finge,
chi dice in vecchia etate esser vergogna
amar cosa divina, è gran menzogna.

L’anima che non sogna,
non pecca âmar le cose di natura,
usando peso, termine e misura.


026

Quand’avvien c’alcun legno non difenda
il propio umor fuor del terreste loco,
non può far c’al gran caldo assai o poco
non si secchi o non s’arda o non s’accenda.

Così ’l cor, tolto da chi mai mel renda,
vissuto in pianto e nutrito di foco,
or ch’è fuor del suo propio albergo e loco,
qual mal fie che per morte non l’offenda?


027

Fuggite, amanti, Amor, fuggite ’l foco;
l’incendio è aspro e la piaga è mortale,
c’oltr’a l’impeto primo più non vale
né forza né ragion né mutar loco.

Fuggite, or che l’esemplo non è poco
d’un fiero braccio e d’un acuto strale;
leggete in me, qual sarà ’l vostro male,
qual sarà l’impio e dispietato gioco.

Fuggite, e non tardate, al primo sguardo:
ch’i’ pensa’ d’ogni tempo avere accordo;
or sento, e voi vedete, com’io ardo.


028

Perché pur d’ora in ora mi lusinga
la memoria degli occhi e la speranza,
per cui non sol son vivo, ma beato;
la forza e la ragion par che ne stringa,
Amor, natura e la mie ’ntica usanza,
mirarvi tutto il tempo che m’è dato.
E s’i’ cangiassi stato,
vivendo in questo, in quell’altro morrei;
né pietà troverei
ove non fussin quegli.
O Dio, e’ son pur begli!
Chi non ne vive non è nato ancora;
e se verrà dipoi,
a dirlo qui tra noi,
forz’è che, nato, di subito mora;
ché chi non s’innamora
de’ begli occhi, non vive.


029

Ogn’ira, ogni miseria e ogni forza,
chi d’amor s’arma vince ogni fortuna.


030

Dagli occhi del mie ben si parte e vola
un raggio ardente e di sì chiara luce
che da’ mie, chiusi ancor, trapassa ’l core.
Onde va zoppo Amore,
tant’è dispar la soma che conduce,
dando a me luce, e tenebre m’invola.

 

 

O que nace á morte chega
no fuxir do tempo, e o sol
nunca deixa cousa viva.
Falla o doce e o que doe,
e o enxeño, e a palabra;
é a nosa antiga estirpe
ao sol sombra, ao vento fume.
Coma vós, nós homes fomos,
ledos, tristes, como sodes;
e hoxe somos, como vedes,
terra ao sol, falta de vida.

Toda cousa á morte chega.
Foron estes ollos plenos
e con luz en cada cova;
vacuos hoxe, horrendos, negros:
isto é o que tempo trae.


 

Que fas de min? Que máis queres facer
dun pau queimado e un corazón aflito?
Mais, dime algo, Amor,
para eu sabe-lo estado en que me atopo.

Os anos do meu camiño á fin chegan,
coma a seta que co branco se axunta,
para acougar alí o ardente lume.
Eu perdóote os meus pasados males,
polos que o corazón creba as túas armas,
pois pola experiencia ao amor xa non cedo;
e se os teus golpes fosen novo xogo
aos ollos, o corazón, lene e tímido,
querería o que quixo?
Pois se hoxe te vence e despreza, e sábelo,
é só por ter menos forza ca nunca.

Ti esperas quizais coa beldade nova
me voltar ao perigoso enguedello
onde o máis sabio menos se defende:
é máis curto o mal na máis longa idade,
e aquí hei ser coma no lume o xeo
que se destrúe e escacha e non se acende.
Só a morte nos resgarda nesta idade
do brazo cruel e das punxentes frechas,
causa de tantos males,
que ningunha xerarquía perdoa,
nin situación, nin tempo, nin fortuna.

A esta alma miña, que fala coa morte
e con ela de si mesma discute,
con novas sospeitas sempre atristada,
deixala o corpo espera cada día,
cando emprenda a súa imaxinada viaxe,
de esperanza e temor confusa e inqueda.
Ai, Amor, como es rápido nos feitos
e destemido, afouto, armado e forte,
que hoxe da morte a idea
queres de min botar fóra, e tirar
dunha árbore tan seca fronde e flores.

Que máis podo facer? Todo o meu tempo
pasado vai no teu reino, e unha hora
dos anos meus non me toca sequera?
Que engano, que forza ou que enxeño pode
tornarme a ti, amo ingrato, que nos beizos
tes piedade e morte no corazón?
Sería ingrata e tola
e sen xuízo a alma resucitada
que voltase a quen lle deu antes morte.

Todo nacido espera a terra en breve
e esváese toda mortal beleza:
o que ama veo, e non pode deslearse.
Ao gran pecado vai a cruel vinganza
acompañando; e o que menos se aprecia
é aquel que cara ao seu mal máis corre.
Onde queres levarme,
que o último bo día, que me cómpre,
sexa o do dano e mailo da vergoña?


 

Eu fun, hai xa moitos anos, mil veces
ferido e morto, e vencido por ti,
e é culpa miña; agora, coa cabeza
branca, vou cre-las túas fatas promesas?

Ataches e ceibaches tantas veces
os meus membros, e tanguíche-lo flanco,
que apenas podo volver en min, sempre
con moitas bágoas bañando o peito!

De ti dóiome, Amor; contigo falo
libre dos teus afagos: por que queres
colle-lo cruel arco e tirar en balde?

Como serra ou térmite en pau queimado,
é gran vergoña correr tras de alguén
que xa perdeu destreza e movemento.


 

Dos meus ollos fixen porta ao veleno
cando deixei paso libre aos crueis dardos;
niño e abrigo dei ás doces miradas
da memoria que nunca virá a menos.

Fago o corazón engra, o peito un fol
de crear suspiros, cos que ti me queimas.


 

O servo que o amo en áspera cadea
ten prisioneiro, sen outra esperanza,
afaise tanto ao seu mísero estado
que nin pedi-la liberdade atinxe.

E afanse o tigre e a serpe, e acalman,
e o fero león nado nas mestas fragas;
e o artista novo, na obra esgotado,
cando se afai ao suor dobra a súa forza.

Mais o lume tal norma non respecta,
pois, se seca a seiva dun tronco verde,
ao frío e vello quenta e tamén nutre,

e así o torna á verde idade e o empurra,
rexuvenece e inflama, alegra e anova,
e amor a alma e o corazón lle alenta.

E chancéase ou finxe
quen di que na vellez é vergoñento
amar cousa divina: é gran mentira.

A alma que non soña
non peca amando as cousas da natura
se usa peso, prazo e mais medida.


 

Cando advén que algún tronco non conserva
a seiva se da terra é arrincado
non se evita que ao calor, moito ou pouco,
non seque ou non arda ou non se acenda.

E ao corazón, sen a que nunca o rende,
vivindo en pranto e nutrido de lume,
fóra do seu lugar e albergue propio,
que eu farei que de morte non o fira?


 

Fuxide, amantes, de Amor e o seu lume;
o incendio é rexo e mortal a ferida,
pois tralo primeiro golpe non vale
nin forza nin razón nin se esconder.

Fuxide, pois non é pequeno o exemplo
dun potente brazo e unha aguda frecha:
lede en min cal vai se-lo voso mal,
cal o impío e desapiadado xogo.

Fuxide, sen tardar, cando o vexades,
que eu pensei con el ter sempre unha avinza,
e agora sento, vedes, como eu ardo.


 

Porque, a fe, decontino me engaiola
o recordo dos ollos e a esperanza,
estou non só vivo, senón beicido;
a forza e a razón, e Amor e natura,
e o vello hábito, a miralos impélenme
durante o tempo todo que me é dado.
E se o estado meu cambia,
vivindo neste, morrerei nesoutro;
nin acharei piedade
onde non foren eles.
Ai Deus, e son tan belos!
Quen non os vexa, aínda non naceu;
e quen despois viñer,
e dígoo aquí entre nós,
cómpre que, ao nacer, de súpeto morra;
pois quen nunca namore
de ollos belos, non vive.


 

Toda ira, toda coita e toda forza
que arma o amor, vence toda fortuna.


 

Dende os ollos do meu ben voa un raio
ardente, e de luz tan clara, ata os meus
que, inda pechos, o corazón traspasa.
E así vai coxo Amor,
pois, tan desigual é a carga que leva,
dándome luz, xa nas tebras me oculta.


Leone Leoni, Michelangelo

Notas


021. Composición no estilo da barzelletta, cantiga propia dos carnavais florentinos, na que toma a voz un coro de mortos, de esqueletos; é de data imprecisa, da década de 1520 ou talvez anterior.

022. Primeira das dúas únicas cancións escritas por Michelangelo; de esquema anómalo, consta dun exordio e cinco estanzas das que as dúas últimas teñen dous versos menos cás outras. Encóntrase no comezo dunha carta do autor a Francesco Fattucci de xaneiro 1524.

023. Soneto escrito, xunto aos números 24 e 25, nunha folla onde aparece tamén o comezo dunha carta a Battista Figiovanni, datable entre 1523 e 1524 ou acaso 1527 e 1528.

024. Soneto incompleto, transcribido na mesma folla que o anterior e o seguinte e que data da mesma época.

 

025. Soneto “caudato” dobre, semellante ao número 5, I’ ho già fatto un gozzo in questo stento; áchase na mesma folla que os anteriores.

026
. Os dous cuartetos dun soneto incompleto, de data imprecisa, quizais da década de 1520.

027. Soneto inacabado escrito con lapis nunha folla con varios bosquexos, algúns para as tumbas dos Médici, de 1524.

028. Madrigal que aparece na mesma folla que o 29, datable entre os anos 1524 e 1526.

029. Fragmento transcribido na mesma folla que o 28 e que tamén data de 1524 a 1526.

030. Fragmento de madrigal datable entre 1524 e 1526.

······  ☼  ······
 

Michelangelo - Pietà BandiniAutorretrato de Michelangelo na Pietà Bandini (Sailko/wikimedia)

 



simil uom né maggior non nacque mai”

 

······ ······
© ēgm. 2015
►esp.


 
Entradas publicadas:

001-010 011-020 ::: 031-040 041-050 051-060 061-070 071-080 081-090 091-100
101-110 111-120 121-130 131-140 141-150 151-160 161-170 171-180 181-190 191-100
201-210 211-220 221-230 231-240 241-250 251-260 261-270 271-280 281-290 291-302

7 de xaneiro de 2015

Michelangelo Buonarroti (11-20)

 

Michelangelo Buonarroti


RIMAS
II. 011 ~ 020

011

Quanto sare’ men doglia il morir presto
che provar mille morte ad ora ad ora,
da ch’in cambio d’amarla, vuol ch’io mora!
Ahi, che doglia ’nfinita
sente ’l mio cor, quando li torna a mente
che quella ch’io tant’amo amor non sente!
Come resterò ’n vita?
Anzi mi dice, per più doglia darmi,
che se stessa non ama: e vero parmi.
Come posso sperar di me le dolga,
se se stessa non ama? Ahi trista sorte!
Che fia pur ver, ch’io ne trarrò la morte?


012

Com’arò dunche ardire
senza vo’ ma’, mio ben, tenermi ’n vita,
s’io non posso al partir chiedervi aita?
Que’ singulti e que’ pianti e que’ sospiri
che ’l miser core voi accompagnorno,
madonna, duramente dimostrorno
la mia propinqua morte e ’ miei martiri.
Ma se ver è che per assenzia mai
mia fedel servitù vadia in oblio,
il cor lasso con voi, che non è mio.


013

La fama tiene gli epitaffi a giacere; non va né inanzi né indietro, perché son morti, e el loro
operare è fermo.


014

El Dì e la Notte parlano, e dicono: «Noi abbiàno col nostro veloce corso condotto alla morte el duca Giuliano; è ben giusto che e’ ne facci vendetta come fa. E la vendetta è questa: che avendo noi morto lui, lui così morto ha tolta la luce a noi e cogli occhi chiusi ha serrato e’ nostri, che non risplendon più sopra la terra. Che arrebbe di noi dunche fatto, mentre vivea?»


015

Di te me veggo e di lontan mi chiamo
per appressarm’al ciel dond’io derivo,
e per le spezie all’esca a te arrivo,
come pesce per fil tirato all’amo.

E perc’un cor fra dua fa picciol segno
di vita, a te s’è dato ambo le parti;
ond’io resto, tu ’l sai, quant’io son, poco.

E perc’un’alma infra duo va ’l più degno,
m’è forza, s’i’ voglio esser, sempre amarti;
ch’i’ son sol legno, e tu se’ legno e foco.


016

D’un oggetto leggiadro e pellegrino,
d’un fonte di pietà nasce ’l mie male.


017

Crudele, acerbo e dispietato core,
vestito di dolcezza e d’amar pieno,
tuo fede al tempo nasce, e dura meno
c’al dolce verno non fa ciascun fiore.

Muovesi ’l tempo, e compartisce l’ore
al viver nostr’un pessimo veneno;
lu’ come falce e no’ siàn come fieno,
… … …

La fede è corta e la beltà non dura,
ma di par seco par che si consumi,
come ’l peccato tuo vuol de’ mie danni.

… … …
… … …
sempre fra noi fare’ con tutti gli anni.


018

Mille rimedi invan l’anima tenta:
poi ch’i’ fu’ preso alla prestina strada,
di ritornare endarno s’argomenta.
Il mare e ’l monte e ’l foco colla spada:
in mezzo a questi tutti insieme vivo.
Al monte non mi lascia chi m’ha privo
dell’intelletto e tolto la ragione.


019

Natura ogni valore
di donna o di donzella
fatto ha per imparare, insino a quella
c’oggi in un punto m’arde e ghiaccia el core.
Dunche nel mie dolore
non fu tristo uom più mai;
l’angoscia e ’l pianto e ’ guai,
a più forte cagion maggiore effetto.
Così po’ nel diletto
non fu né fie di me nessun più lieto.


020

Tu ha’ ’l viso più dolce che la sapa,
e passato vi par sù la lumaca,
tanto ben lustra, e più bel c’una rapa;
e’ denti bianchi come pastinaca,
in modo tal che invaghiresti ’l papa;
e gli occhi del color dell’utriaca;
e’ cape’ bianchi e biondi più che porri:
ond’io morrò, se tu non mi soccorri.

La tua bellezza par molto più bella
che uomo che dipinto in chiesa sia:
la bocca tua mi par una scarsella
di fagiuo’ piena, si com’è la mia;
le ciglia paion tinte alla padella
e torte più c’un arco di Sorìa;
le gote ha’ rosse e bianche, quando stacci,
come fra cacio fresco e’ rosolacci.

Quand’io ti veggo, in su ciascuna poppa
mi paion duo cocomer in un sacco,
ond’io m’accendo tutto come stoppa,
bench’io sia dalla zappa rotto e stracco.
Pensa: s’avessi ancor la bella coppa,
ti seguirrei fra l’altre me’ c’un bracco;
dunche s’i massi (?) aver fussi possibile,
io fare’ oggi qui cose incredibile.

 

 

For menos doloroso morrer cedo
ca mil mortes sofrer de hora en hora,
se a troco de amala, quere que eu morra!
Ai, que tristeza infinda
sente o meu corazón cando lle lembra
a que eu tanto amo e amor non sente!
Como seguir vivindo?
E ela amais me di, por me dar máis dor,
que a si mesma non ama, e tal eu creo.
Como podo esperar que de min doia
se a si mesma non ama? Ai, sorte aciaga!
É certo que eu traerei a miña morte?


 

Como eu vou ter coraxe
de vivir sen vós, meu ben, se non podo
vos pedir sequera axuda ao partirdes?
Que choros e saloucos e suspiros
ao corazón miserento acompañan,
señora, e dolorosamente amosan
a miña pronta morte e o meu tormento.
Mais, se é certo que pola ausencia pode
xa a servidume fiel ser esquecida,
vos deixo o corazón, pois non é meu.


 

A fama torna vans os epitafios; non valen ren nin antes nin despois, xa que están mortos, e os seus traballos rematados.


 

Falando, o Día e a Noite dixeron: «No noso veloz curso conducimos á morte ao duque Xuliano, e é ben xusto que el tome vinganza como fai. E a vinganza é esta: que matándoo nós, o seu corpo morto quitounos a luz e, cos ollos pechos, pechou os nosos que xa non locen máis por sobre a terra. Que nos fixese, entón, mentres vivía?»


 

Véxome teu e dende lonxe chámome
por me achegar ao ceo do que emano
e polo avío do isco a ti chego,
tal peixe que na tanza arrastra o anzol.

E se un corazón entre dous non bate,
a ti entregouse o meu enteiramente;
e así fico, xa o sabes: son moi pouco.

E se unha alma entre dous vai ao máis digno,
forzado estou, na vida, a sempre amarte;
que eu só son leña, mais ti es leña e lume.


 

Dun obxecto adorable e extraordinario,
dun illó de piedade, o meu mal vén.


 

Corazón cruel, acedo e sen piedade,
envolto en dozura e de amargor cheo,
a túa fidelidade é breve, e dura
menos cá flor na doce primavera.

Móvese o tempo e é, dosado en horas,
ao vivir noso un pérfido veleno;
el é coma o fouciño e nós a herba,
... ... ...

Fidelidade e beleza caducan,
mais unha é consumida pola outra,
como o teu pecado quere o meu mal.

... ... ...
... ... ...
sempre entre nós facer tódolos anos.


 

Remedios mil en balde tenta a alma:
des que afastada foi da estrada antiga,
en tornar inutilmente se esforza.
O mar e o monte e o lume coa espada:
no medio deles todos xuntos vivo.
O monte non me deixa, pois privoume
do intelecto e mais quitoume a razón.


 

Natura as virtudes
de doncelas e damas
creou por aprender, mesmo as daquela
que á vez me queima e xea o corazón.
Así na miña dor
ninguén houbo máis triste;
anguria e pranto e laios:
a máis forte causa, meirande efecto.
Tampouco no pracer
houbo nin hai home ningún máis ledo.


 

Ti te-la cara máis doce có mosto,
e un caracol por enriba pasoulle,
tanto que brilla, e máis bela ca un nabo;
e tes dentes brancos coma a cenoria,
que véndoos mesmo o Papa tolease;
e te-los ollos da cor dunha triaga
e o pelo louro máis ca un allo porro:
eu vou morrer se ti a min non me acorres.

A túa beleza semella máis bela
ca unha figura na igrexa pintada:
a túa boca parece unha bulsa
chea de fabas, igual é cá miña;
te-las pestanas tinxidas con borra,
inda máis tortas ca un arco romano;
tes, cando peneiras, froias vermellas
e brancas, tal que entre queixo e papoulas.

Cando te vexo, a proa no alto
dúas sandías nun saco paréceme,
e acéndome todo coma unha estopa
malia que o sacho me deixe breado.
E pois que tes tan fermoso couquizo
mellor ca un can eu te sigo entre todas;
mais se puidese ter rocha dabondo
hoxe eu faría aquí cousas incribles.


Leone Leoni, Michelangelo

Notas


011. Madrigal transcribido dun autógrafo nunha folla con debuxos de Michelangelo por Michelangelo o Mozo, o seu sobriño-neto; datable antes de 1518.

012. Madrigal, tamén transcribido por Michelangelo o Mozo da mesma folla que o anterior. Foi o primeiro poema publicado de Michelangelo, con algunhas lixeiras variantes e dous versos máis, cando foi musicado por Bartolomeo Tromboncino en 1518.

013. Texto que aparece a canda un debuxo, datado a principios da década de 1520 para un proxecto, que non foi realizado, da capela dos Médici de San Lourenzo.

014. Texto escrito nunha folla con debuxos para a capela dos Médici de San Lourenzo, probablemente de 1524; refírese ao sepulcro de Xuliano II de Médicis, duque de Nemours, e nel falan as dúas estatuas, o Día e a Noite, situadas enriba do sartego. Podería se tratar dun apuntamento para unha posterior composición en verso.

Michelangelo - Tomba di Giuliano de' Medici

 

015. Madrigal rexistrado nunha folla con debuxos para as tumbas dos Médici, de principios da década de 1520; aínda que podería se tratar dun soneto ao que lle fallase un cuarteto.

016
. Dous hendecasílabos illados escritos na mesma folla có número 15, de principios da década de 1520.

017. Soneto inacabado e escrito ás présas que aparece nunha carta enviada por Stefano di Tommaso a Michelangelo, dende Carrara a Florencia, o 20 de abril de 1521.

018. Serie de versos sen unha forma métrica definida, escritos apresuradamente con lapis no reverso dunha carta enviada a Michelangelo por Giovanni da Udine dende Venecia o 27 de abril 1522.

019. Madrigal, aparentemente sen rematar, nunha folla que tamén inclúe outros versos, así como bosquexos e contas datadas a 25 de novembro 1522.

020. Composición xocosa en tres oitavas que aparece nunha folla con debuxos e bosquexos arquitectónicos, datables entre 1523 e 1530. Os dous últimos versos son de difícil lectura e interpretación, e quizais conteñan unha referencia á profesión de escultor de Michelangelo. A triaga era un composto medicinal usado dende moi antigo contra as mordedelas de animais velenosos, de cor amarela-averdada. Arco romano: A serliana ou arco siríaco (no orixinal italiano arco di Sorìa) é unha combinación dun arco de medio punto con dous vans alintelados; o autor menciónaa noutra obra burlesca, o poema 5: I’ ho già fatto un gozzo in questo stento.

······  ☼  ······
 

Iacopino del Conte - MichelangeloRetrato de Michelangelo por Iacopino del Conte

 



simil uom né maggior non nacque mai”

 

······ ······
© ēgm. 2015
►esp.


 
Entradas publicadas:

001-010 ::: 021-030 031-040 041-050 051-060 061-070 071-080 081-090 091-100
101-110 111-120 121-130 131-140 141-150 151-160 161-170 171-180 181-190 191-100
201-210 211-220 221-230 231-240 241-250 251-260 261-270 271-280 281-290 291-302

1 de xaneiro de 2015

Michelangelo Buonarroti (1-10)

◄ anterior

seguinte ►

 

Michelangelo Buonarroti


RIMAS
I. 001 ~ 010

001

Molti anni fassi qual felice, in una
brevissima ora si lamenta e dole;
o per famosa o per antica prole
altri s’inlustra, e ’n un momento imbruna.

Cosa mobil non è che sotto el sole
non vinca morte e cangi la fortuna.


002

Sol io ardendo all’ombra mi rimango,
quand’el sol de’ suo razzi el mondo spoglia:
ogni altro per piacere, e io per doglia,
prostrato in terra, mi lamento e piango.


003

Grato e felice, a’ tuo feroci mali
ostare e vincer mi fu già concesso;
or lasso, il petto vo bagnando spesso
contr’a mie voglia, e so quante tu vali.

E se i dannosi e preteriti strali
al segno del mie cor non fur ma’ presso,
or puoi a colpi vendicar te stesso
di que’ begli occhi, e fien tutti mortali.

Da quanti lacci ancor, da quante rete
vago uccelletto per maligna sorte
campa molt’anni per morir po’ peggio,

tal di me, donne, Amor, come vedete,
per darmi in questa età più crudel morte,
campato m’ha gran tempo, come veggio.


004

Quanto si gode, lieta e ben contesta
di fior sopra ’ crin d’or d’una, grillanda,
che l’altro inanzi l’uno all’altro manda,
come ch’il primo sia a baciar la testa!

Contenta è tutto il giorno quella vesta
che serra ’l petto e poi par che si spanda,
e quel c’oro filato si domanda
le guanci’ e ’l collo di toccar non resta.

Ma più lieto quel nastro par che goda,
dorato in punta, con sì fatte tempre
che preme e tocca il petto ch’egli allaccia.

E la schietta cintura che s’annoda
mi par dir seco: qui vo’ stringer sempre.
Or che farebbon dunche le mie braccia?


005

I’ ho già fatto un gozzo in questo stento,
coma fa l’acqua a’ gatti in Lombardia
o ver d’altro paese che si sia,
c’a forza ’l ventre appicca sotto ’l mento.

La barba al cielo, e la memoria sento
in sullo scrigno, e ’l petto fo d’arpia,
e ’l pennel sopra ’l viso tuttavia
mel fa, gocciando, un ricco pavimento.

E’ lombi entrati mi son nella peccia,
e fo del cul per contrapeso groppa,
e ’ passi senza gli occhi muovo invano.

Dinanzi mi s’allunga la corteccia,
e per piegarsi adietro si ragroppa,
e tendomi com’arco sorïano.

Però fallace e strano
surge il iudizio che la mente porta,
ché mal si tra’ per cerbottana torta.

La mia pittura morta
difendi orma’, Giovanni, e ’l mio onore,
non sendo in loco bon, né io pittore.


006

Signor, se vero è alcun proverbio antico,
questo è ben quel, che chi può mai non vuole.
Tu hai creduto a favole e parole
e premiato chi è del ver nimico.

I’ sono e fui già tuo buon servo antico,
a te son dato come e’ raggi al sole,
e del mie tempo non ti incresce o dole,
e men ti piaccio se più m’affatico.

Già sperai ascender per la tua altezza,
e ’l giusto peso e la potente spada
fussi al bisogno, e non la voce d’ecco.

Ma ’l cielo è quel c’ogni virtù disprezza
locarla al mondo, se vuol c’altri vada
a prender frutto d’un arbor ch’è secco.


007

Chi è quel che per forza a te mi mena,
oilmè, oilmè, oilmè,
legato e stretto, e son libero e sciolto?
Se tu incateni altrui senza catena,
e senza mane o braccia m’hai raccolto,
chi mi difenderà dal tuo bel volto?


008

Come può esser ch’io non sia più mio?
O Dio, o Dio, o Dio,
chi m’ha tolto a me stesso,
c’a me fusse più presso
o più di me potessi che poss’io?
O Dio, o Dio, o Dio,
come mi passa el core
chi non par che mi tocchi?
Che cosa è questo, Amore,
c’al core entra per gli occhi,
per poco spazio dentro par che cresca?
E s’avvien che trabocchi?


009

Colui che ’l tutto fe’, fece ogni parte
e poi del tutto la più bella scelse,
per mostrar quivi le suo cose eccelse,
com’ha fatto or colla sua divin’arte.


010

Qua si fa elmi di calici e spade
e ’l sangue di Cristo si vend’a giumelle,
e croce e spine son lance e rotelle,
e pur da Cristo pazïenzia cade.

Ma non ci arrivi più ’n queste contrade,
ché n’andre’ ’l sangue suo ’nsin alle stelle,
poscia c’a Roma gli vendon la pelle,
e ècci d’ogni ben chiuso le strade.

S’i’ ebbi ma’ voglia a perder tesauro,
per ciò che qua opra da me è partita,
può quel nel manto che Medusa in Mauro;

ma se alto in cielo è povertà gradita,
qual fia di nostro stato il gran restauro,
s’un altro segno ammorza l’altra vita?

 

 

Moitos anos bota feliz un home
e nunha breve hora lanxe e doe,
ou por liñaxe antiga e afamada
loce outro e xa nun intre se ensombrece.

Ren mudable baixo do sol existe
que non venza a morte e troque a fortuna.


 

Tan só eu ardendo na sombra fico
cando o sol dos seus raios ispe o mundo;
aos outros dá pracer, mais eu con dor
na terra prosternado laio e choro.


 

Ledo e feliz, os teus feroces males
frear e vencer foime antes concedido;
canso agora, decote o peito enchoupo
contra o meu desexo, e sei canto podes.

E se daniñas as pasadas frechas
nunca ao meu corazón deron no albo,
chegas agora a te vingar cos dardos
deses belos ollos, todos mortais.

Tal de ichós e redes un paxariño
zafa, por mala sorte, moitos anos
ceibo, para morrer de peor xeito,

así a min, donas, Amor, como vedes,
por darme nesta idade máis cruel morte,
ceiboume moito tempo, como vexo.


 

Como se goza, alegre e ben tecida,
coas douradas flores do seu cabelo,
a grilanda, que a unha e outra aparta
por se-la primeira en bicarlle a fronte!

Contento o día todo está o vestido
que encerra o peito dela e despois abre,
e o que chaman ouro fiado, que o colo
e as súas meixelas de tocar non para.

Pero a máis leda é a fita, pois goza,
dourada a punta, posta de tal modo
que preme e toca o peito que suxeita.

E o sinxelo cinto anoado, a el mesmo
dicir parece: «Aquí por sempre aperto».
E eu, que farei con estes brazos meus?


 

Saíume papo por mor desta mágoa,
coma aos gatos por mor da auga en Lombardía
ou calquera outro país onde sexa,
que á forza a tripa cólgame do queixo.

Coa barba cara ao ceo, os miolos sinto
na gobia, e entorto o peito coma harpía,
e o pincel por riba da miña cara
faime, pingando, un tapiz colorido.

Os riles éntranme xa ata o bandullo
e, coma anca, o cu saco en contrapeso,
e pasos sen ollos vou dando en balde.

Contra diante estíraseme o pelello
e prégase detrás reagrupándose,
e esténdome coma un arco romano.

Así falaz e estraño
xurde o xuízo, que é o que á mente dirixe,
pois tira mal o tiratacos torto.

Esta murcha pintura
deféndea ti, Giovanni, e a miña honra,
pois non ten bo prez, nin eu son pintor.


 

Señor, se é certo algún proverbio antigo
é aquel que di: «quen pode nunca quere».
Ti criches en fábulas e na verba
e premias ao inimigo da verdade.

Eu son e sempre fun o teu fiel servo
e a ti pertenzo coma ao sol os raios,
mais o meu tempo non te importa ou doe
e se máis me afano, menos te aprazo.

Esperaba ascender xunta a túa alteza,
e, coa xusta balanza e forte espada,
foses propicio, e non a voz do eco.

Mais o ceo rexeita poñer no mundo
virtude ningunha, e fai que outros vaian
apañar froita dunha árbore seca.


 

Quen é o que pola forza a ti me leva,
carai, carai, carai,
atado e preso, malia libre e solto?
Se a outros ti encadeas sen cadea,
e sen mans e sen brazos me agarraches,
quen me defenderá da túa beleza?


 

Como pode ser que eu non sexa meu?
Ai Deus, ai Deus, ai Deus,
quen me quita a min mesmo
e está de min máis preto
ca min para máis poder ter ca eu teño?
Ai Deus, ai Deus, ai Deus,
como é que me atravese o corazón
sen me tocar sequera?
¿Que cousa é isto, Amor,
que no corazón entra polos ollos
e dentro de tan pouco espazo medra,
e mesmo aínda reborda?


 

Aquel que todo o fixo, e cada cousa,
de entre estas as máis belas escolleu
para nos revelar canto hai sublime,
e así fixo coa súa divina arte.


 

Fanse aquí espadas e helmos cos cálices
e o sangue de Cristo venden á envorca;
cruces e espiñas son lanzas e escudos
e inda a paciencia de Cristo non mingua.

Mais que non volva por estas contornas
porque o seu sangue ha chegar ás estrelas
logo que en Roma ata a pel lle venderan
e á virtude os camiños pecharon.

Hei me aledar de perde-los meus cartos
pois xa entreguei o traballo, e o do manto
pode en min tal que Medusa no Atlas;

mais se no ceo é benvinda a pobreza,
como acadar redención, se na terra
outro sinal xa nos nega a outra vida?


Leone Leoni, Michelangelo

Notas


001. Primeira obra poética conservada de Michelangelo. Trátase dun soneto inacabado, escrito no reverso dunha folla que tamén inclúe un debuxo dun apóstolo, probablemente para o San Mateo do Duomo de Florencia, 1503, e un bosquexo dunha escena de batalla, talvez a Batalla de Cascina, de 1504.

002. Cuarteto illado, escrito nunha folla con bosquexos que datan dos anos 1503-1504.

003. Soneto escrito no reverso dunha folla con debuxos de cabalos e escenas de batalla, talvez para o cartón da Batalla de Cascina, de 1504, na que tamén figuran os poemas numerados 6, 7, 8 e 9.

004. Soneto escrito no reverso dunha carta enviada a Michelangelo, quen se encontraba en Boloña, polo seu irmán o 24 de decembro de 1507.

005. Soneto "caudato" dobre, isto é con "cola" de dobre estrambote, datado entre 1509 e 1510, mentres Michelangelo traballaba nos frescos da Capela Sistina (1508-1512), e escrito sobre unha folla que tamén contén un bosquexo que representa o autor pintando coa cabeza cara a arriba, como di o texto. Está dirixido ao seu amigo Giovanni da Pistoia, un literato membro da Accademia Fiorentina, e expresa a precaria situación en que Michelangelo houbo de traballar sobre a estada, en posturas forzadas e co pincel pingándolle na cara, amais da difícil relación que mantiña coa curia pontificia. Enténdese que cos gatos do segundo verso se refire aos labregos da Lombardía, aos que seica chamaban así, que sufrían bocio (papo) a causa da auga da rexión. A serliana ou arco siríaco (no orixinal italiano arco sorïano) é unha combinación dun arco de medio punto con dous vans alintelados; para simplificar arco romano.

 

006. Soneto datado en 1511; vai dirixido ao Papa Xulio II, queixándose das intrigas de Bramante e Rafael para que este último substituíse a Michelangelo na pintura dos frescos da Capela Sistina. Na árbore seca pode haber unha alusión ao apelido do papa, Della Rovere: ‘do carballo’.

007. Madrigal datado en 1511.

008. Madrigal datado en 1511.

009. Cuarteto illado que aparece na mesma folla que os poemas 3, 6, 7 e 8; de 1511.

010. Soneto, probablemente de 1512, denunciando a corrupción e mailo extravío da Igrexa de Roma. Segundo a mitoloxía grega, nun combate en Mauritania (Mauro), a cabeza de Medusa, sostida por Perseo, petrificou ao titán Atlas, converténdoo no cordal do Atlas; o papa Xulio II (o do manto), para quen Michelangelo concluíra a Capela Sistina en 1512, con irregularidades nos pagamentos, tiña tanto poder sobre el coma Medusa sobre Atlas. Outro sinal: non o sinal da cruz senón o do ouro e o enriquecemento.

Michelangelo - I’ ho già fatto un gozzo in questo stento

······  ☼  ······
 

Daniele da Volterra - MichelangeloRetrato de Michelangelo por Daniele da Volterra

 


O texto italiano seguido para a tradución é o da edición crítica de Enzo Noè Girardi (Michelangiolo Buonarroti. Rime, Gius, Laterza & Figli, Bari, 1960), que establece unha ordenación cronolóxica baseada na evolución da caligrafía dos manuscritos; é accesible en wikisource.org, bibliotecaitaliana.it, (imprimible), liberliber.it, e en pdf en letteraturaitaliana.net.

A información das notas procede na súa meirande parte da edición de Girardi e da de Paolo Zaja (Michelangelo Buonarroti. Rime, RCS Libri, Milán 2010), amais doutras fontes, incluídas as wikipedias italiana, española e inglesa.

Foron consultadas a tradución castelá dos sonetos realizada por Luis Antonio de Villena, (Sonetos completos de Miguel Ángel Buonarroti, Cátedra, Madrid 2007), e as traducións inglesas dispoñibles en archive.org, poemhunter.com, colecizj.easyvserver.com, publicdomainreview.org e outras.


simil uom né maggior non nacque mai”

 

······ ······
© ēgm. 2015
►esp.


Entradas publicadas:

::: 011-020 021-030 031-040 041-050 051-060 061-070 071-080 081-090 091-100
101-110 111-120 121-130 131-140 141-150 151-160 161-170 171-180 181-190 191-100
201-210 211-220 221-230 231-240 241-250 251-260 261-270 271-280 281-290 291-302