Amosando publicacións coa etiqueta trads. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta trads. Amosar todas as publicacións

24 de decembro de 2015

Carlos Drummond de Andrade

Explicación da vida
 
Leo Santana. Estatua de Drummond de Andrade na praia de Copacabana, Río de Xaneiro
 
 
 
A máquina do mundo
Carlos Drummond de Andrade
 


A máquina do mundo
.
E como eu palmilhasse vagamente
uma estrada de Minas, pedregosa,
e no fecho da tarde um sino rouco

se misturasse ao som de meus sapatos
que era pausado e seco; e aves pairassem
no céu de chumbo, e suas formas pretas

lentamente se fossem diluindo
na escuridão maior, vinda dos montes
e de meu próprio ser desenganado,

a máquina do mundo se entreabriu
para quem de a romper já se esquivava
e só de o ter pensado se carpia.

Abriu-se majestosa e circunspecta,
sem emitir um som que fosse impuro
nem um clarão maior que o tolerável

pelas pupilas gastas na inspeção
contínua e dolorosa do deserto,
e pela mente exausta de mentar

toda uma realidade que transcende
a própria imagem sua debuxada
no rosto do mistério, nos abismos.

Abriu-se em calma pura, e convidando
quantos sentidos e intuições restavam
a quem de os ter usado os já perdera

e nem desejaria recobrá-los,
se em vão e para sempre repetimos
os mesmos sem roteiro tristes périplos,

convidando-os a todos, em coorte,
a se aplicarem sobre o pasto inédito
da natureza mítica das coisas,

assim me disse, embora voz alguma
ou sopro ou eco ou simples percussão
atestasse que alguém, sobre a montanha,

a outro alguém, noturno e miserável,
em colóquio se estava dirigindo:
“O que procuraste em ti ou fora de

teu ser restrito e nunca se mostrou,
mesmo afetando dar-se ou se rendendo,
e a cada instante mais se retraindo,

olha, repara, ausculta: essa riqueza
sobrante a toda pérola, essa ciência
sublime e formidável, mas hermética,

essa total explicação da vida,
esse nexo primeiro e singular,
que nem concebes mais, pois tão esquivo

se revelou ante a pesquisa ardente
em que te consumiste… vê, contempla,
abre teu peito para agasalhá-lo.”

As mais soberbas pontes e edifícios,
o que nas oficinas se elabora,
o que pensado foi e logo atinge

distância superior ao pensamento,
os recursos da terra dominados,
e as paixões e os impulsos e os tormentos

e tudo que define o ser terrestre
ou se prolonga até nos animais
e chega às plantas para se embeber

no sono rancoroso dos minérios,
dá volta ao mundo e torna a se engolfar
na estranha ordem geométrica de tudo,

e o absurdo original e seus enigmas,
suas verdades altas mais que tantos
monumentos erguidos à verdade;

e a memória dos deuses, e o solene
sentimento de morte, que floresce
no caule da existência mais gloriosa,

tudo se apresentou nesse relance
e me chamou para seu reino augusto,
afinal submetido à vista humana.

Mas, como eu relutasse em responder
a tal apelo assim maravilhoso,
pois a fé se abrandara, e mesmo o anseio,

a esperança mais mínima — esse anelo
de ver desvanecida a treva espessa
que entre os raios do sol inda se filtra;

como defuntas crenças convocadas
presto e fremente não se produzissem
a de novo tingir a neutra face

que vou pelos caminhos demonstrando,
e como se outro ser, não mais aquele
habitante de mim há tantos anos,

passasse a comandar minha vontade
que, já de si volúvel, se cerrava
semelhante a essas flores reticentes

em si mesmas abertas e fechadas;
como se um dom tardio já não fora
apetecível, antes despiciendo,

baixei os olhos, incurioso, lasso,
desdenhando colher a coisa oferta
que se abria gratuita a meu engenho.

A treva mais estrita já pousara
sobre a estrada de Minas, pedregosa,
e a máquina do mundo, repelida,

se foi miudamente recompondo,
enquanto eu, avaliando o que perdera,
seguia vagaroso, de mãos pensas.

E como eu camiñase vagamente
un carreiro de Minas, pedrallento,
e no peche da tarde un sino rouco

mesturásese ao son dos meus zapatos,
que era pausado e seco; e aves pairasen
no ceo de chumbo, e as súas formas negras

moi paseniño fosen diluíndose
noutro mourén maior, vindo dos montes
e do meu propio ser desenganado,

a máquina do mundo alí entreabriuse
para quen de a romper xa se esguellaba
e só de o ter pensado se carpía.

Abriuse maxestosa e circunspecta,
sen emitir un son que fose impuro
nin un clarón meirande có aceptable

polas pupilas luídas na inspección
continua e dolorosa do deserto,
e pola mente exhausta de amentar

toda unha realidade que transcende
a propia imaxe súa debuxada
no rostro do misterio, nos abismos.

Abriuse en calma pura, e convidando
cantos sentidos e intuicións restaban
a quen de os ter usado xa os perdera

e nin desexaría recobralos,
se en van e para sempre os mesmos tristes
periplos sen roteiro repetimos,

a todos convidando, e en cohorte,
a se aplicaren sobre o pasto inédito
da natureza mítica das cousas,

e tal me dixo, malia voz ningunha
ou sopro ou eco ou simple percusión
atestase que alguén, sobre a montaña,

a outro alguén, nocturno e miserable,
en conversa se estaba a dirixir:
«O que en ti buscaras, ou fóra do

teu ser restricto e nunca se mostrou,
mesmo afectando darse ou ben renderse,
e máis se retraendo a cada instante,

olla, repara, ausculta: esa riqueza
que excede a toda perla, esa ciencia
sublime e formidable, mais hermética,

esa total explicación da vida,
ese nexo primeiro e singular,
que nin concibes xa, pois tan esquivo

se revelou perante a busca ardente
na que te consumiches… mira, observa,
abre o teu peito para o recibires.»

As máis soberbias pontes e edificios,
o que nos obradoiros se elabora,
o que pensado foi e logo atinxe

distancia superior ao pensamento,
os recursos da terra domeados,
e as paixóns e os impulsos e os tormentos,

e todo o que define o ser terrestre
ou se prolonga ata nos animais
e chega ás plantas para se embeber

no sono rancoroso mineral,
dá volta ao mundo e torna se afundir
na estraña orde xeométrica de todo,

e o absurdo orixinal e os seus enigmas,
as súas verdades máis altas que tantos
monumentos erguidos á verdade;

e a memoria dos deuses, e o solemne
sentimento de morte, que florea
no caule da existencia máis gloriosa,

todo se presentou nese relance
e me chamou cara ao seu reino augusto,
á fin sometido á ollada humana.

Mais, como eu resistise responder
a esta chamada tan marabillosa,
pois que abrandara a fe, e mesmo a ansia,

a esperanza máis mínima –esa arela
de ver esvaecida a tebra mesta
que entre os raios do sol inda se filtra;

como defuntas crenzas convocadas
presto e tremente non se persuadisen
a de novo tinguir a neutra face

que vou polos camiños amosando,
e como se outro ser, e non aquel
habitante de min hai tantos anos,

pasase a mandar na miña vontade
que, xa por si voluble, se cerraba
semellante a esas flores reticentes

en si mesmas abertas e pechadas;
como se un don tardío xa non fose
apetecible, antes ben desdeñable,

baixei os ollos, incurioso, laso,
sen querer colle-la cousa ofrecida
que
de balde se abría ao meu maxín.

A tebra máis estrita xa pousara
no carreiro de Minas, pedrallento,
e a máquina do mundo, repelida,

foi minuciosamente recompóndose,
mentres eu, avaliando o que perdera,
seguía vagaroso, coas mans mortas.

       
       
     
2015. Tradución de
Enrique Gutiérrez Miranda

 
 
 

18 de decembro de 2015

Roberto Piva

Matogueira de intrigas
 
 
John Currin, Nu nun espello convexo

 

Roberto Piva

Poema eléctrico do cu



 

 


 

músculo de veludo na boca de tódolos feirantes
torpedeiros rapazas de internado
negociantes panadeiros domingueiros
seareiradas exércitos de humanocultura
onde ti habitas alucinante como
promesa derradeira
cu bocaaberta entrada franca dos demoños
pesadelo dos adolescentes fogueira da
solteirona en vacacións árbore xenealóxica
da Choca Mater onde foi chocado
o ovo humano cunha temperatura
de 300 soles
cu fonte de enerxía kundalini hostia dos
grandes libertinos fornalla dos
cocainómanos boca azulenta da
verdade corpórea diagramada no
infinito do desexo cu grande iniciador
de tempestades amorosas vertixe verdadeira
onde os amantes esvararan
cu vaporizador da Idade Media do corpo
onda bioenerxética de metais coloridos
omoplatas cargadas de hidróxeno
leopardos alucinados de tanto peludo
cu de cabelos negros louros rubios castaños
matogueira de intrigas onde o carallo
se perde se desnorta desmaia de gozo
na contracción do espasmo da ledicia erótica
cu selvático asaltante nocturno diúrno cuadrilleiro
farfallán dos carreiros que levan
ao Gran Precipicio anunciador de Paixóns
cu das peluxes suaves & suculentas flor carnívora
labarada reprimida pola civilización
ave tola solitaria perdida bébeda
amorosa
cu proletario do corpo grande escorpión revoltado
o teu voo de liberdade comeza acontecer

     

 

 

 

 

 

 Poema elétrico do cu

 

 

 

 


 

músculo de veludo na boca de todos os feirantes
torpedeiros meninas de internato
negociantes padeiros farofeiros
torcidas exércitos de humanocultura
onde você habita alucinante como
promessa derradeira
cu boquiaberta entrada franca dos demônios
pesadelo dos adolescentes fogueira da
solteirona em férias árvore genealógica
da Cloca Mater onde foi chocado
o ovo humano numa temperatura
de 300 sóis
cu fonte de energia kundalini hóstia dos
grandes libertinos fornalha dos
cocainômanos boca azulada da
verdade corpórea diagramada no
infinito do desejo cu grande iniciador
de tempestades amorosas vertigem verdadeira
onde os amantes deslizam
cu vaporizador da Idade Média do corpo
onda bioenergética de metais coloridos
omoplatas carregadas de hidrogênio
leopardos alucinados de tanto veludo
cu de cabelos negros loiros ruivos castanhos
cipoal de intrigas onde o caralho
se perde se desnorteia desmaia de gozo
na contração do espasmo da alegria erótica
cu selvagem assaltante noturno diurno trombadinha
espadachim das estradas que levam
ao Grande Precipício anunciador de Paixões
cu das penugems suaves & sumarentas flor carnívora
labareda policiada pela civilização
ave louca solitária perdida bêbada
amorosa
cu proletário do corpo grande escorpião revoltado
teu voo de liberdade começa a acontecer

 
 

 


 

23 de outubro de 2015

T.S. Eliot

Medo no pó

20151023113 (2) (960x1280)ēgm., Flores I

 

A terra erma
T.S. Eliot

 

Nam Sibyllam quidem Cumis ego ipse oculis meis
vidi in ampulla pendere, et cum illi pueri dicerent:
Σίβυλλα τί θέλεις; respondebat illa: ἀποθανεῖν θέλω.”

Para Ezra Pound
il miglior fabbro

 

  I.  O enterramento dos mortos

.

 

.

Abril é o mes máis cruel, pois cría
lilas da terra morta, mestura
recordo e desexo, reaviva
aletargadas raíces coa choiva da primavera.
O inverno mantívonos quentes, cubrindo
a terra de esquecediza neve, alimentando
a pouca vida con secos tubérculos.
O verán sorprendeunos, chegando ao
lago Starnberger
cunha gran chuvascada; quedamos na columnata
e continuamos, baixo o sol, cara ao
Hofgarten,
e tomamos café, e leriamos unha boa hora.
Bin gar keine Russin, stamm’ aus Litauen, echt deutsch.
E cando nenos, parando co arquiduque,
con meu primo, el levoume nunha zorra
e eu asustárame. E dixo: Marie,
Marie, cóllete forte. E alá fomos para abaixo.
Na montaña, ti alí sénteste libre.
Leo, gran parte da noite, e marcho ao sur no inverno
.

Que raíces prenden, que gallas medran
nesta pedregueira lixenta? Fillo do home,
ti non o podes dicir, nin supor, pois que coñeces só
un feixe de imaxes rotas, onde o sol bate
e a árbore morta non dá abeiro, nin o grilo acougo,
e na pedra seca non resoa a auga. Só
hai sombra baixo desta rocha vermella,
(ven á sombra desta rocha vermella),
e eu amosareite algo diferente, que non é
nin a sombra que vai detrás túa no abrente ás chancadas
nin a sombra que se ergue ao solpor a encontrarte:
eu amosareite medo nun puñado de po
.
                    Frisch weht der Wind
                    Der Heimat zu,
                    Mein Irisch Kind,
                    Wo weilest du?

Déchesme hai un ano os primeiros xacintos
e a rapaza do xacinto chamáronme.”
—Mais de volta, xa tarde, do Parque de
Xacinto,
cos teus brazos cheos e o teu pelo mollado, non puiden
falar, e apagáronseme o ollos, eu non era ninguén
vivente nin morto, e non souben nada,
ollando no corazón de luz, o silencio
.
Öed’ und leer das Meer.

Madame Sosostris, clarividente afamada,
tiña un mal arrefriado; malia isto
é coñecida como a muller mais sabia de Europa,
cunha baralla sinistra. Aquí, di ela,
está a súa carta, o Mariñeiro fenicio afogado.
(Esas perlas foron os seus ollos. Véxaas!)
Esta é Beladona, a Dama das Rochas,
a dama das situacións.
Aquí está o home dos tres bastos, e aquí, a Roda,
e este é o mercador breco, e estoutra carta
que fica tapada, é algo que el carga ás costas,
e que eu teño prohibido mirar. Non atopo
o Aforcado. Tema a morte por auga.
Vexo multitude de xente a dar voltas en círculo.
Grazas. Se vostede ve á miña estimada señora Equitone,
dígalle que o horóscopo xa llo levo eu:
Hai que ter moito coidado hoxe en día
.

Cidade irreal,
baixo a néboa pardenta dun amencer de inverno,
unha multitude afluía pola
Puente de Londres, tantos,
eu non crera que a morte desfixera a tantos.
Exhalaban suspiros, curtos e illados,
e cada home fixaba os seus ollos diante dos pés.
Afluían cara ao outeiro e baixaban pola rúa
King William,
onde a igrexa de
Woolnoth contaba as horas
cun xordo son no derradeiro toque das nove.
Vin alí un coñecido e pareino, berrándolle: «Stetson!
Ti estiveras comigo nos barcos en
Milas!
O cadáver aquel que plantaras na horta o ano pasado,
xa comezou xermolar? Ha rosear este ano?
Ou a repentina lazada perturbou o seu leito?
Oes, terás o Can afastado, o amigo do home,
ou vaino desenterrar coas unllas outra vez!
Ti! Hypocrite lecteur! – mon semblable , – mon frère!
»

   
   
 

Traducción de ēgm. 2015

 
  Notas

Xardín de Xacinto (Hyacinth garden). É máis probable que se refira a un xardín “de Xacinto”, o mito grego, ca a “xardín do xacinto” ou “dos xacintos”.

estoutra carta que fica tapada (and this card, which is blank). Adoita traducirse por “e esta carta, que está en branco”, pero non hai cartas en branco no tarot nin noutra baralla ningunha.


   
   
  The Waste Land
   
   
  I. The Burial of the Dead

 

.

 

.

April is the cruellest month, breeding
Lilacs out of the dead land, mixing
Memory and desire, stirring
Dull roots with spring rain.
Winter kept us warm, covering
Earth in forgetful snow, feeding
A little life with dried tubers.
Summer surprised us, coming over the Starnbergersee
With a shower of rain; we stopped in the colonnade,
And went on in sunlight, into the Hofgarten,
And drank coffee, and talked for an hour.
Bin gar keine Russin, stamm’ aus Litauen, echt deutsch.
And when we were children, staying at the archduke’s,
My cousin’s, he took me out on a sled,
And I was frightened. He said, Marie,
Marie, hold on tight. And down we went.
In the mountains, there you feel free.
I read, much of the night, and go south in the winter.

What are the roots that clutch, what branches grow
Out of this stony rubbish? Son of man,
You cannot say, or guess, for you know only
A heap of broken images, where the sun beats,
And the dead tree gives no shelter, the cricket no relief,
And the dry stone no sound of water. Only
There is shadow under this red rock,
(Come in under the shadow of this red rock),
And I will show you something different from either
Your shadow at morning striding behind you
Or your shadow at evening rising to meet you;
I will show you fear in a handful of dust.
          Frisch weht der Wind
          Der Heimat zu,
          Mein Irisch Kind,
          Wo weilest du?

“You gave me hyacinths first a year ago;
They called me the hyacinth girl.”
—Yet when we came back, late, from the Hyacinth garden,
Your arms full, and your hair wet, I could not
Speak, and my eyes failed, I was neither
Living nor dead, and I knew nothing,
Looking into the heart of light, the silence.
Öed’ und leer das Meer.

Madame Sosostris, famous clairvoyante,
Had a bad cold, nevertheless
Is known to be the wisest woman in Europe,
With a wicked pack of cards. Here, said she,
Is your card, the drowned Phoenician Sailor,
(Those are pearls that were his eyes. Look!)
Here is Belladonna, the Lady of the Rocks,
The lady of situations.
Here is the man with three staves, and here the Wheel,
And here is the one-eyed merchant, and this card,
Which is blank, is something he carries on his back,
Which I am forbidden to see. I do not find
The Hanged Man. Fear death by water.
I see crowds of people, walking round in a ring.
Thank you. If you see dear Mrs. Equitone,
Tell her I bring the horoscope myself:
One must be so careful these days.

Unreal City,
Under the brown fog of a winter dawn,
A crowd flowed over London Bridge, so many,
I had not thought death had undone so many.
Sighs, short and infrequent, were exhaled,
And each man fixed his eyes before his feet.
Flowed up the hill and down King William Street,
To where Saint Mary Woolnoth kept the hours
With a dead sound on the final stroke of nine.
There I saw one I knew, and stopped him, crying: 'Stetson!
'You who were with me in the ships at Mylae!
'That corpse you planted last year in your garden,
'Has it begun to sprout? Will it bloom this year?
'Or has the sudden frost disturbed its bed?
'O keep the Dog far hence, that's friend to men,
'Or with his nails he'll dig it up again!
'You! Hypocrite lecteur! - mon semblable, - mon frère!'

 


 

►wikipedia: La tierra baldía
►bartleby.com: The Waste Land
►T.S.Eliot Hypertext Project, The Waste Land
►new-wisdom.org: Notes on T. S. Eliot’s The Waste Land
►britlitwiki: Allusions in Eliot
►britlitwiki: Waste Land Translations
►youtube: T.S. Eliot reads The Waste Land

►youtube: The Waste Land read by Edward Fox, Eileen Atkins and Michael Gough
►youtube: The Waste Land: Burial of the Dead


 

T. S. Eliot ~ wikipedia.

►II. Unha partida de xadrez

►español

9 de outubro de 2015

Herberto Helder

O nome

Herberto Helder - PoemactoPortada de Poemacto, 1961

 

POEMACTO
Herberto Helder

  I
 
 

Déitome, érgome, penso que é enorme cantar.
Unha galla canta branco.
Unha cidade canta luces.
Penso agora que é profundo atopa-las mans.
Atopar instrumentos dentro da anguria:
clavicordios e liras ou laúdes
intencionados.
Cantar rosetóns de pedra na neboeira.
Canta-la sanguenta neboeira.
O amor atravesado por un dardo
que estremece o home ata as bases.

Canta-lo noso propio dardo lanzado
á becha que atravesa o mundo.
Ao nome que sangra.
Que vai sangrando e deixando un rastro
pola culminante noite fóra.
Iso é o nome do amor que é o nome
do canto. Canto na soidade.
O amor obsesivo.
A obsesiva soidade cantante.
Déitome, e é enorme. É enorme se erguer,
cegar, cantar.
Te-las mans como a neboeira a arder.

As casas son fabulosas, cando digo:
casas. Son fabulosas
as mulleres, se conmovido digo:
as mulleres.
As cortinas no cume das xanelas
faíscan coma lóstregos. Eu vivo
cantando as mulleres incendiarias
e a inmensa soidade
verídica coma un vaso.
Porque un vaso canta na miña boca.
Canta a bebida en min.
Veridicamente, eu canto no mundo.

Que falen á présa. Esténdanse
no meu pensamento.
Mergullen a súa voz na miña
tebra coma unha gorxa.
Porque eu desexaría tanto espertar
dentro da vosa voz na miña boca.
Agora sei que as estrelas están habitadas.
A vosa existencia dura e quente
é a masa dunha estrela.
Porque esa estrela canta no sitio
onde vai se-la miña vida.

Queimáde-las vosas noites á honra
do meu amor. O amor é forte.
Que cosa forte que é a loucura.
Porque a loucura canta minada de portas.
Nós saímos polas portas, nós
entramos cara ao interior da loucura.
As cadeiras cantan aos que están sentados.
Cantan os espellos a mocidade
adxectiva dos que se ollan.
Estou inquedo e cego. Canto.
A morte cántame ao fondo.
É un canto absoluto.

Imaxino o meu corpo, un outeiro.
O meu corpo escada de estrela.
Nata. Frecha. Obxecto cantante.
Corpo coa súa morte que canta.
Imaxino un outeiro con voces.
Unha escada con canto de estrela.
Imaxino esa espesa nata cantante.
Unha que canta frecha.
Imaxino a miña voz total da morte.
Porque todo canta e cantar é enorme.

Imaxino a delicadeza. A sutileza.
O toque case aéreo, case
aereamente brutal.
Ser tocado polas voces coma ser ferido
polos dedos, polos rudos cravos
da planicie.
Ser espertado, espertado.
Porque cantar é un subterráneo.
Despois é un patio.
Imaxino que as voces son escadas.
Voces para acada-lo canto.
O canto é o meu corpo purificado.

Porque o meu corpo ten unha súa morte
tocada incendiariamente.
A morte –di o canto– é o amor enorme.
É enorme estar cego.
Canta o meu gran corpo cego.
Relucir no alto polo silencio dentro.
O silencio canta aloxado na morte.
Déitome, érgome, penso que é enorme cantar.

.

.

II

.

A miña cabeza estremece con todo o esquecemento.
Eu procuro dicir como todo é outra cousa.
Falo, penso.
Soño sobre os tremendos ósos dos pés.
É sempre outra cousa, unha
soa cousa cuberta de nomes.
E a morte pasa de boca en boca
coa leve saliva,
co terror que hai sempre
no fondo informulado dunha vida.

Sei que os campos imaxinan as súas
propias rosas.
As persoas imaxinan os seus propios campos
de rosas. E ás veces estou en fronte dos campos
como se morrese;
outras, como se agora soamente
eu puider espertar.

Por veces todo se ilumina.
Por veces sangra e canta.
Eu digo que ninguén se perdoa no tempo.
Que a loucura ten espiñas coma unha gorxa.
Eu digo: roda ao lonxe o outono,
e que é o outono?
As pálpebras baten contra o gran día masculino
do pensamento.

Boto cousas vivas e mortas no espírito da obra.
A miña vida extasíase coma un cámara de fachos.

Era unha casa –como direi?– absoluta.

Eu xogo, eu xuro.
Era unha casinfancia.
Sei que era unha casa tola.
Eu metía as mans na auga: adormecía,
relembraba.
Os espellos rachábanse contra a nosa mocidade.

Apalpo agora o xirar das brutais,
líricas rodas da vida.
Hai no esquecemento, ou na lembranza
total das cousas,
unha rosa coma unha alta cabeza,
un peixe coma un movemento
rápido e severo.
Unha rosapeixe dentro da miña idea
desvariada.
Hai vasos, garfos embriagados dentro de min.
Porque o amor das cousas no seu
tempo futuro
é terriblemente profundo, é suave,
devastador.

As cadeiras ardían nos lugares.
As miñas irmás habitaban no cume do movemento
como seres pasmados.
Ás veces rían alto. Tecíanse
no seu escuro terrorífico.
A menstruación soñaba podre dentro delas,
á boca da noite.
Cantaba moi baixo.
Parecía fluír.

Rodea-las mesas, as penumbras fulminadas.
Chovía nas noites terrestres.
Eu quero berrar maisalén da loucura terrestre.
Era húmido, destilado, inspirado.

Había rigor. Oh, exemplo extremo.
Había unha esencia de obradoiro.
Unha materia sensitiva no segredo dos froiteiros,
coas súas mazás centrípetas
e mailas uvas colgadas sobre a madureza.
Había a magnolia quente dun gato.
Gato que entraba polas mans, ou magnolia
que saía da man cara ao rostro
da nai sombriamente pura.
Ai, nai tola á volta, sentadamente
completa.
As mans tocaban por cima do ardor
a carne como un pedazo extasiado.

Era unha casabsoluta –como
direi?–, un
sentimento de que algunhas persoas ían morrer.
Demencia para sorrir elevadamente.
Ter amoras, follas verdes, espiñas
con pequena tebra por tódolos recantos.
Nome no espírito coma unha rosapeixe.

Prefiro enlouquecer nos corredores arqueados
agora nas palabras.
Prefiro cantar nas varandas interiores.
Porque había escadas e mulleres que paraban
minadas de intelixencia.
O corpo sen rosácea, a linguaxe
para amar e rumiar.
O leite cantador.

Eu agora mergullo e ascendo coma un vaso.
Trago cara a arriba esa imaxe de auga interna.
Bolígrafo do poema disolvido no senso
primacial do poema.
Ou o poema subindo polo bolígrafo,
atravesando o seu propio impulso,
poema regresando.
Todo se levanta coma un cravo,
unha faca levantada.
Todo morre o seu nome noutro nome.

Poema non saído do poder da loucura.
Poema como base inconcreta de creación.
Ah, pensar con delicadeza,
imaxinar con ferocidade.
Porque eu son unha vida con furibunda
melancolía,
con furibunda concepción.
Con algunha ironía furibunda.

Eu son unha devastación intelixente.
Con caléndulas fabulosas.
Ouro por riba.
A madrugada ou a noite triste tocadas
en trompeta. Son
algunha cousa audible, sensible.
Un movemento.
Cadeira conxecturándose na cavidade
feita ao sentar.
Ou flores bebendo a xerra.
O silencio estrutural das flores.
E a mesa debaixo.
A soñar
.

.

.

III

.

O actor acende a boca. Despois os cabelos.
Finxe as súas caras nas pozas interiores.
O actor pon e quita a cabeza
de búfalo.
De veado.
De rinoceronte.
Pon flores nos cornos.
Ninguén ama tan desalmadamente
como o actor.
O actor acende os pés e mailas mans.
Fala devagar.
Parece que se difunde aos bocados.
Bocado estrela.
Bocado xanela cara a fóra.
Outro bocado gruta cara a dentro.
O actor toma as cousas para botar lume
ao pequeno talento humano.
O actor estala como sal queimado.

O que rutila, o que arde destacadamente
na noite, é o actor, con
unha voz pura monotonamente batida
pola soidade universal.
O espantoso actor que tira e coloca
e retira
o adxectivo da cousa, a sutileza
da forma,
e precipita a verdade.
Dunha banda extrae a mazá coa súa
divagación de mazá.
Fabrica peixes mergullados na propia
labarada de peixes.
Porque o actor está coma a mazá.
O actor é un peixe.

Sorrí así o actor contra a face de Deus.
Ornamenta a Deus con simplicidades silvestres.
O actor subtrae a Deus de Deus,
e dá velocidade aos lugares aéreos.
Porque o actor é unha astronave que atravesa
a distancia de Deus.
Envolve. Desvela.
O actor di unha palabra inaudible.
Reduce a humidade e a calor da terra
á confusión desa palabra.
Recita o libro. Amplifica o libro.
O actor acende o libro.
Levita polos campos como a dura auga do día.
O actor é tremendo.
Ninguén ama tan repelentemente
como o actor.
Como a unidade do actor.

O actor é un adverbio que ramificou
dun substantivo.
E o substantivo retorna e xira,
e o actor é un adxectivo.
É un nome que provén ultimamente
do Nome.
Nome que se murmura en si, e axita,
e enlouquece.
O actor é o gran Nome cheo de reflectores.
O nome que cega.
Que sangra.
Que é o sangue.
Así o actor ergue o corpo,
enche o corpo con melodía.
Corpo que treme de melodía.
Ninguén ama tan corporalmente como o actor.
Como o corpo do actor.

Porque o talento é transformación.
O actor transforma a propia acción
da transformación.
Solidifícase. Gasifícase. Complícase.
O actor crece no seu acto.
Fai crece-lo acto.
O actor actifícase.
É enorme o actor coa súa osamenta de base,
coas súas tantas xanelas,
as rúas...
o actor coa emotiva publicidade.
Ninguén ama tan publicamente como o actor.
Como o segredo actor.

En estado de graza. En compacto
estado de pureza.
O actor ama en acción de estrela.
Acción de mímica.
O actor é un tenebroso recollemento
de onde xermola a pantomima.
O actor ve aparece-la mañá sobre a cama.
Ve a cobra entre as pernas.
O actor ve fulminantemente
como é puro.
Ninguén ama o teatro esencial como o actor.
Como a esencia do amor do actor.
O teatro xeral.

O actor en estado xeral de graza
.

   
 

721px-Herberto_HelderFrederico Penteado, Herberto Helder  (Wikimedia Commons)

 


 

   

 

Gárgola.
Por dentro a choiva que a incha, por fóra a pedra misteriosa
que a mantén suspensa.
E a boca demoníaca do prodixio baléirase
no caos.
Ese animal, erguido ao trono dunha estrela,
que se debruza cara a onde
escurezo. Polos flancos constrúo
a criatura. Onde corre o arrepío, das espádoas
cara ao fondo, con forza atenta. Constrúo
aquela masa de tetas
e uñas, pola espiña, rosas abertas das guerlas,
embigo,
mandíbulas. Ata o centro da súa
ardua talla de estrela.
O seu burato de auga na miña boca.
E construíndo falo.
Son lírico, aterrecedor.
Conságroa no baño bautismal dun poema.
Inauguro.
Fóra e dentro inauguro o nome de que morro
.

     
     
     
     

Por dentro a chuva que a incha, por fora a pedra misteriosa
que a mantém suspensa.
E a boca demoníaca do prodígio despeja-se
no caos.
Esse animal erguido ao trono de uma estrela,
que se debruça para onde
escureço. Pelos flancos construo
a criatura. Onde corre o arrepio, das espáduas

para o fundo, com força atenta. Construo
aquela massa de tetas
e unhas, pela espinha, rosas abertas das guelras,
umbigo,
mandíbulas. Até ao centro da sua
árdua talha de estrela.
Seu buraco de água na minha boca.
E construindo falo.
Sou lírico, medonho.
Consagro-a no banho baptismal de um poema.
Inauguro.
Fora e dentro inauguro o nome de que morro.

 

 

a. antunes - herberto helderAlexandra Antunes, Retrato tipográfico de Herberto Helder (alexandraantunes.com)

 

 

O prestixio da poesía

O prestixio da poesía é menos o non rematar nunca que realmente empezar. É un inicio perenne, nunca unha chegada, sexa ao que for. E ficamos estendidos nas camas, afrontando a perturbada imaxe da nosa imaxe, así, mirados polas cousas que miramos. Aprendemos entón certas astucias, por exemplo: é preciso atrapa-la ocasional distracción das cousas, e desaparecer; fuxir cara a outro lado, onde elas nin sospeiten da nosa conciencia; e atrapalas cando pechan as pálpebras, un momento, rápidas, e rapidamente poñelas baixo o noso dominio, atrapa-las cousas durante a súa distracción fortuíta, un interregno, un intre oblicuo, e enriquecer e intoxica-la vida con esas misteriosas cousas roubadas. Tamén lle roubámo-la cara lapeante aos espellos, roubámolle á noite e ao día as súas inextricables imaxes, roubámo-la vida propia á vida común, e somos conducidos por ese roubo a un equívoco: a condenación ou condanación de inquilinos da irrealidade absoluta. O que excede a insolvencia biográfica: cos nomes, as cousas, os sitios, as horas, a medida pequena de como se respira, a morte que non se refuta con verbo ningún, argumento ningún, latrocinio ningún. Vivimos demoniacamente a nosa inocencia toda.

 

Traducións de ēgm. 2015

►youtube: Minha cabeça estremece (Poemacto II) Recitado por Rodrigo Leão
►youtube: Havia um homem que corria pelo orvalho dentro
►Vasco Cavalcante. Herberto Helder
►Sylvia Beirute. Herberto Helder, Poemas seleccionados
►Herberto Helder, Textos e poemas

 

 

youtube ~ Herberto Helder

 

Quero um erro de gramática que refaça
na metade luminosa o poema do mundo,
e que Deus mantenha oculto na metade nocturna
o erro do erro:
alta voltagem do ouro,
bafo no rosto.

*

►español

9 de xuño de 2015

Fernando Pessoa

Sen metafísica

Jef Aérosol - Lisbon, August 2007 - Fernando PessoaJef Aérosol, Fernando Pessoa (Lisboa, Rua da Barroca, Barrio Alto, agosto 2007)

 

TABACARÍA
Fernando Pessoa (Álvaro de Campos)

   
 

Non son nada.
Nunca serei nada.
Non podo querer ser nada.
Á parte diso, teño en min tódolos sonos do mundo.

Fiestras do meu cuarto,
do meu cuarto dun dos millóns do mundo que ninguén sabe quen é,
(e se soubesen quen é, que saberían?),
dades ao misterio dunha rúa cruzada constantemente por xente,
a unha rúa inaccesíbel a tódolos pensamentos,
real, imposibelmente real, certa, descoñecidamente certa,
co misterio das cousas por baixo das pedras e dos seres,
coa morte a pór humidade nas paredes e pelo branco nos homes,
co Destino a conduci-lo carro de todo pola estrada de nada.

Estou hoxe vencido, como se soubese a verdade.
Estou hoxe lúcido, como se estivese a morrer
e non tivese máis irmandade coas cousas
ca unha despedida, e tórnase esta casa e esta banda da rúa
na fila de vagóns dun tren, e unha partida pitada
dende dentro da miña cabeza,
e unha sacudidura dos meus nervios e un renxer de ósos na ida.

Estou hoxe perplexo, coma quen pensou, achou e esqueceu.
Estou hoxe dividido entre a lealdade que lle debo
ao Estanco da outra banda da rúa, como cousa real por fóra,
e á sensación de que todo é sono, como cousa real por dentro.

Fracasei en todo.
Como non fixen propósito ningún, talvez todo fose nada.
A educación que me deran,
baixei dela pola fiestra da traseira da casa.
Marchei para o campo con grandes propósitos,
mais alí atopei só herba e mais árbores,
e cando había xente era igual cá outra.
Saio da fiestra, sento nunha cadeira. En que hei pensar?

Que sei eu do que serei, eu que non sei o que son?
Ser o que penso? Mais penso ser tantas cousas!
E hai tantos que pensan ser a mesma cousa que non pode haber tantos!
Xenio? Neste intre
cen mil cerebros coidan seren en sonos xenios coma min,
e a historia non sinalará, quen sabe?, nin un,
nin serán máis ca esterco tantas conquistas futuras.
Non, non creo en min.
En tódolos manicomios hai loucos toleiráns con tantas certezas!
Eu, que non teño certeza ningunha, son máis certo ou menos certo?
Non, nin en min…
En cantas mansardas e non-mansardas do mundo
non haberá nesta hora xenios-para-eles-mesmos soñando?
Cantas aspiracións altas e nobres e lúcidas
—si, verdadeiramente altas e nobres e lúcidas—,
e quen sabe se realizábeis,
nunca verán a luz do sol real nin acadarán os oídos da xente?
O mundo é para quen nace para o conquistar
e non para quen soña que pode conquistalo, aínda que teña razón.
Eu teño soñado máis có que Napoleón soñou.
Teño apertado ao peito hipotético máis humanidades ca Cristo,
teño creado en segredo filosofías que ningún Kant escribiu,
mais son, e talvez serei sempre, o da mansarda,
aínda que non viva nela;
serei sempre o que non naceu para iso;
serei sempre só o que tiña calidades;
serei sempre o que esperou que lle abrisen a porta ao pé dunha parede sen porta,
e o que cantou a cantiga do Infinito nunha capoeira
e ouviu a voz de Deus nun pozo entupido.
Crer en min? Non, nin en nada.
Derrame a Natureza sobre a miña cabeza ardente
o seu sol, a súa choiva, o vento que atopa o meu pelo,
e o outro que veña se viñer, ou tiver que vir, ou non veña.
Escravos cardíacos das estrelas,
conquistámo-lo mundo todo antes de nos erguer da cama;
mais espertamos e está opaco,
erguémonos e é alleo,
saímos da casa e é a Terra enteira,
amais do Sistema Solar e a Vía Láctea e mailo Indefinido.

(Come chocolate, meniña;
come chocolate!
Mira que non hai máis metafísica no mundo có chocolate.
Mira que as relixións todas non ensinan máis ca confeitaría.
Come, meniña sucia, come!
Puidese eu comer chocolate coa mesma verdade coa que ti comes!
Pero eu penso e, ao tirarlle o papel de prata, que é de folla de estaño,
bótoo todo no chan, igual que botei a vida.)

Mais alomenos fica da amargura do que nunca serei
a caligrafía rápida destes versos,
pórtico partido cara ao imposíbel.
Mais alomenos consagro a min mesmo un desprezo sen bágoas,
nobre alomenos no xesto largo co que boto
a roupa sucia que son, sen listaxe, pra o decurso das cousas,
e fico na casa sen camisa.

(Ti que consolas, que non existes e por iso consolas,
ou deusa grega, concibida como estatua que estivese viva,
ou patricia romana, imposibelmente nobre e nefasta,
ou princesa de trobadores, xentil e colorida,
ou marquesa do século dezaoito, descotada e lonxincua,
ou vedete célebre do tempo dos nosos pais,
ou non sei que moderno —non concibo ben o que—,
todo iso, sexa o que for, que sexas, se pode inspirar que inspire!
O meu corazón é un balde envorcado.
Como os que invocan os espíritos invocan espíritos, invócome
a min mesmo e non atopo nada.
Achégome á fiestra e vexo a rúa cunha nitidez absoluta.
Vexo as tendas, vexo as beirarrúas, vexo os coches que pasan,
vexo os entes vivos vestidos que se cruzan,
vexo os cans, que tamén existen,
e todo isto pésame coma unha condena ao desterro,
e todo isto é estranxeiro, como todo.)

Vivín, estudei, amei e mesmo crin,
e hoxe non hai mendigo que eu non envexe só por non ser eu.
Mírolle a cada un os farrapos e as chagas e a mentira,
e penso: talvez nunca vivises nin estudases nin amases nin creses
(porque é posíbel facer unha realidade de todo iso sen facer nada diso);
talvez existiras apenas, como un lagarto que lle cortaron o rabo
e que é rabo para aquén do lagarto remexidamente.

Fixen de min o que non souben
e o que podía facer de min, non o fixen.
O disfrace que vestín era equivocado.
Coñecéronme logo por quen non era e non o desmentín, e perdinme.
Cando quixen quita-la máscara,
estaba pegada á miña cara.
Cando a quitei e me vin no espello,
xa envellecera.
Estaba bébedo, xa non sabía vesti-lo disfrace que non quitara.
Desfíxenme da máscara e durmín no rocho
como un can tolerado pola dirección
por ser inofensivo
e vou escribir esta historia para probar que son sublime.

Esencia musical dos meus versos inútiles,
quen me dera atoparte coma cousa que eu fixese,
e non quedase sempre en fronte do Estanco de en fronte,
calcando cos pés a conciencia de estar existindo,
como unha alfombra en que un bébedo tropeza
ou o felpudo que os xitanos roubaran e non valía ren.

Pero o Dono do Estanco achegouse á porta e ficou na porta.
Míroo coa incomodidade da cabeza mal volteada
e coa incomodidade da alma mal entendendo.
El morrerá e eu morrerei.
El deixará o letreiro, e eu deixarei os versos.
En certo tempo morrerá o letreiro tamén, e os versos tamén.
Despois de certo tempo morrerá a rúa onde estivo o letreiro,
e a lingua en que foron escritos os versos.
Morrerá despois o planeta xirante en que todo isto pasou.
Noutros satélites doutros sistemas algunha cousa como xente
continuará facendo cousas como versos e vivindo debaixo de cousas como letreiros,
sempre unha cousa en fronte da outra,
sempre unha cousa tan inútil coma a outra,
sempre o imposíbel tan estúpido coma o real,
sempre o misterio do fondo tan certo coma o sono de misterio da superficie,
sempre isto ou sempre outra cousa ou nin unha cousa nin outra.

Mais un home entrou no Estanco (para comprar tabaco?)
e a realidade plausíbel cae de súpeto enriba miña.
Medio érgome enérxico, convencido, humano,
e vou tentar escribir estes versos nos que digo o contrario.

Acendo un cigarro ao pensar en escribilos
e saboreo no cigarro a liberación de tódolos pensamentos.
Sigo o fume como unha ruta propia
e gozo, nun momento sensitivo e axeitado,
a liberación de tódalas especulacións
e a conciencia de que a metafísica é unha consecuencia de estar indisposto.

Despois bótome para atrás na cadeira
e continúo fumando.
En tanto que o Destino mo conceder, continuarei fumando.

(Se eu casase coa filla da miña lavandeira
talvez fose feliz.)
Visto isto, érgome da cadeira. Vou á fiestra.

O home saíu do Estanco (metendo o troco no peto do pantalón?).
Ah, coñézoo; é o Esteves sen metafísica.
(O Dono do Estanco achegouse á porta.)
Como por un instinto divino o Esteves voltouse e viume.
Acenoume adeus, berreille: Adeus ho, Esteves!, e o universo
reconstruíuseme sen ideal nin esperanza, e o Dono do Estanco sorriu
.

   
  Lisboa, 15 de xaneiro de 1928
   
 

Tradución de ēgm. 2015


Nota.
Traduzo o título do poema, “Tabacaria”, por Tabacaría, aínda que despois utilizo o vocábulo Estanco. Como estancos coñécense en España as tendas de tabaco e, ao pertenceren á mesma empresa, todas mostran enriba da porta o mesmo rótulo: "Tabacos". Talvez Álvaro de Campos titulou este poema non co nome do tipo de tenda, que sería A tabacaria, senón coa palabra do rótulo que tiña na fachada en fronte da fiestra e do que fala no texto, Tabacaria, o que correspondería ao actual español, ou galego, Tabacos. Este sería probablemente o título máis axeitado, pero tódolos tradutores deste poema ao español titulárono Tabaquería, palabra recollida polo DRAE pero que non se usa en España. O DRAG non rexistra tabacaría nin tabaquería, que tampouco se usan en Galicia, masi si estanco; aínda así, por confluencia co portugués e polas traducións anteriores ao español, parece preferible o título “Tabacaría”.
Pódese supoñer por outra banda que o home da fiestra mandaba a roupa á lavandería xunto cunha listaxe (rol en portugués) na que enumeraba as pezas a lavar para poder comprobar que non faltaba ningunha cando a filla da lavandeira llas levase de volta. Era nese intre, mentres o Álvaro repasaba as pezas de roupa diante da rapaza, cando lle daba por pensar en casar e ser feliz.

 

Jef Aérosol - Lisbon 2007 - Fernando Pessoa 2Jef Aérosol, Fernando Pessoa (Lisboa, Rua Diario de Noticias, Barrio Alto, agosto 2007)

   
  TABACARIA
   
   
 

Não sou nada.
Nunca serei nada.
Não posso querer ser nada.
À parte isso, tenho em mim todos os sonhos do mundo.

Janelas do meu quarto,
Do meu quarto de um dos milhões do mundo que ninguém sabe quem é
(E se soubessem quem é, o que saberiam?),
Dais para o mistério de uma rua cruzada constantemente por gente,
Para uma rua inacessível a todos os pensamentos,
Real, impossivelmente real, certa, desconhecidamente certa,
Com o mistério das coisas por baixo das pedras e dos seres,
Com a morte a pôr humidade nas paredes e cabelos brancos nos homens,
Com o Destino a conduzir a carroça de tudo pela estrada de nada.

Estou hoje vencido, como se soubesse a verdade.
Estou hoje lúcido, como se estivesse para morrer,
E não tivesse mais irmandade com as coisas
Senão uma despedida, tornando-se esta casa e este lado da rua
A fileira de carruagens de um comboio, e uma partida apitada
De dentro da minha cabeça,
E uma sacudidela dos meus nervos e um ranger de ossos na ida.

Estou hoje perplexo como quem pensou e achou e esqueceu.
Estou hoje dividido entre a lealdade que devo
À Tabacaria do outro lado da rua, como coisa real por fora,
E à sensação de que tudo é sonho, como coisa real por dentro.

Falhei em tudo.
Como não fiz propósito nenhum, talvez tudo fosse nada.
A aprendizagem que me deram,
Desci dela pela janela das traseiras da casa,
Fui até ao campo com grandes propósitos.
Mas lá encontrei só ervas e árvores,
E quando havia gente era igual à outra.
Saio da janela, sento-me numa cadeira. Em que hei-de pensar?

Que sei eu do que serei, eu que não sei o que sou?
Ser o que penso? Mas penso ser tanta coisa!
E há tantos que pensam ser a mesma coisa que não pode haver tantos!
Génio? Neste momento
Cem mil cérebros se concebem em sonho génios como eu,
E a história não marcará, quem sabe?, nem um,
Nem haverá senão estrume de tantas conquistas futuras.
Não, não creio em mim.
Em todos os manicómios há doidos malucos com tantas certezas!
Eu, que não tenho nenhuma certeza, sou mais certo ou menos certo?
Não, nem em mim…
Em quantas mansardas e não-mansardas do mundo
Não estão nesta hora génios-para-si-mesmos sonhando?
Quantas aspirações altas e nobres e lúcidas —
Sim, verdadeiramente altas e nobres e lúcidas —,
E quem sabe se realizáveis,
Nunca verão a luz do sol real nem acharão ouvidos de gente?
O mundo é para quem nasce para o conquistar
E não para quem sonha que pode conquistá-lo, ainda que tenha razão.
Tenho sonhado mais que o que Napoleão fez.
Tenho apertado ao peito hipotético mais humanidades do que Cristo,
Tenho feito filosofias em segredo que nenhum Kant escreveu.
Mas sou, e talvez serei sempre, o da mansarda,
Ainda que não more nela;
Serei sempre o que não nasceu para isso;
Serei sempre só o que tinha qualidades;
Serei sempre o que esperou que lhe abrissem a porta ao pé de uma parede sem porta
E cantou a cantiga do Infinito numa capoeira,
E ouviu a voz de Deus num poço tapado.
Crer em mim? Não, nem em nada.
Derrame-me a Natureza sobre a cabeça ardente
O seu sol, a sua chuva, o vento que me acha o cabelo,
E o resto que venha se vier, ou tiver que vir, ou não venha.
Escravos cardíacos das estrelas,
Conquistámos todo o mundo antes de nos levantar da cama;
Mas acordámos e ele é opaco,
Levantámo-nos e ele é alheio,
Saímos de casa e ele é a terra inteira,
Mais o sistema solar e a Via Láctea e o Indefinido.

(Come chocolates, pequena;
Come chocolates!
Olha que não há mais metafísica no mundo senão chocolates.
Olha que as religiões todas não ensinam mais que a confeitaria.
Come, pequena suja, come!
Pudesse eu comer chocolates com a mesma verdade com que comes!
Mas eu penso e, ao tirar o papel de prata, que é de folhas de estanho,
Deito tudo para o chão, como tenho deitado a vida.)

Mas ao menos fica da amargura do que nunca serei
A caligrafia rápida destes versos,
Pórtico partido para o Impossível.
Mas ao menos consagro a mim mesmo um desprezo sem lágrimas,
Nobre ao menos no gesto largo com que atiro
A roupa suja que sou, sem rol, pra o decurso das coisas,
E fico em casa sem camisa.

(Tu, que consolas, que não existes e por isso consolas,
Ou deusa grega, concebida como estátua que fosse viva,
Ou patrícia romana, impossivelmente nobre e nefasta,
Ou princesa de trovadores, gentilíssima e colorida,
Ou marquesa do século dezoito, decotada e longínqua,
Ou cocote célebre do tempo dos nossos pais,
Ou não sei quê moderno — não concebo bem o quê —,
Tudo isso, seja o que for, que sejas, se pode inspirar que inspire!
Meu coração é um balde despejado.
Como os que invocam espíritos invocam espíritos invoco
A mim mesmo e não encontro nada.
Chego à janela e vejo a rua com uma nitidez absoluta.
Vejo as lojas, vejo os passeios, vejo os carros que passam,
Vejo os entes vivos vestidos que se cruzam,
Vejo os cães que também existem,
E tudo isto me pesa como uma condenação ao degredo,
E tudo isto é estrangeiro, como tudo.)

Vivi, estudei, amei, e até cri,
E hoje não há mendigo que eu não inveje só por não ser eu.
Olho a cada um os andrajos e as chagas e a mentira,
E penso: talvez nunca vivesses nem estudasses nem amasses nem cresses
(Porque é possível fazer a realidade de tudo isso sem fazer nada disso);
Talvez tenhas existido apenas, como um lagarto a quem cortam o rabo
E que é rabo para aquém do lagarto remexidamente.

Fiz de mim o que não soube,
E o que podia fazer de mim não o fiz.
O dominó que vesti era errado.
Conheceram-me logo por quem não era e não desmenti, e perdi-me.
Quando quis tirar a máscara,
Estava pegada à cara.
Quando a tirei e me vi ao espelho,
Já tinha envelhecido.
Estava bêbado, já não sabia vestir o dominó que não tinha tirado.
Deitei fora a máscara e dormi no vestiário
Como um cão tolerado pela gerência
Por ser inofensivo
E vou escrever esta história para provar que sou sublime.

Essência musical dos meus versos inúteis,
Quem me dera encontrar-te como coisa que eu fizesse,
E não ficasse sempre defronte da Tabacaria de defronte,
Calcando aos pés a consciência de estar existindo,
Como um tapete em que um bêbado tropeça
Ou um capacho que os ciganos roubaram e não valia nada.

Mas o Dono da Tabacaria chegou à porta e ficou à porta.
Olhou-o com o desconforto da cabeça mal voltada
E com o desconforto da alma mal-entendendo.
Ele morrerá e eu morrerei.
Ele deixará a tabuleta, e eu deixarei versos.
A certa altura morrerá a tabuleta também, e os versos também.
Depois de certa altura morrerá a rua onde esteve a tabuleta,
E a língua em que foram escritos os versos.
Morrerá depois o planeta girante em que tudo isto se deu.
Em outros satélites de outros sistemas qualquer coisa como gente
Continuará fazendo coisas como versos e vivendo por baixo de coisas como tabuletas,
Sempre uma coisa defronte da outra,
Sempre uma coisa tão inútil como a outra,
Sempre o impossível tão estúpido como o real,
Sempre o mistério do fundo tão certo como o sono de mistério da superfície,
Sempre isto ou sempre outra coisa ou nem uma coisa nem outra.

Mas um homem entrou na Tabacaria (para comprar tabaco?),
E a realidade plausível cai de repente em cima de mim.
Semiergo-me enérgico, convencido, humano,
E vou tencionar escrever estes versos em que digo o contrário.

Acendo um cigarro ao pensar em escrevê-los
E saboreio no cigarro a libertação de todos os pensamentos.
Sigo o fumo como uma rota própria,
E gozo, num momento sensitivo e competente,
A libertação de todas as especulações
E a consciência de que a metafísica é uma consequência de estar mal disposto.

Depois deito-me para trás na cadeira
E continuo fumando.
Enquanto o Destino mo conceder, continuarei fumando.

(Se eu casasse com a filha da minha lavadeira
Talvez fosse feliz.)
Visto isto, levanto-me da cadeira. Vou à janela.

O homem saiu da Tabacaria (metendo troco na algibeira das calças?).
Ah, conheço-o: é o Esteves sem metafísica.
(O Dono da Tabacaria chegou à porta.)
Como por um instinto divino o Esteves voltou-se e viu-me.
Acenou-me adeus gritei-lhe Adeus ó Esteves!, e o universo
Reconstruiu-se-me sem ideal nem esperança, e o Dono da Tabacaria sorriu
.

   
  Lisboa, 15 de Janeiro de 1928

 

Jef Aérosol - Lisbon, August 2007 - Fernando Pessoa 3Jef Aérosol, Fernando Pessoa (Lisboa, Rua Diario de Noticias, Barrio Alto, agosto 2007)

 

Teño un grande arrefriado

     

Tenho uma grande constipação,
E toda a gente sabe como as grandes constipações
Alteram todo o sistema do universo,
Zangam-nos contra a vida,
E fazem espirrar até à metafísica.
Tenho o dia perdido cheio de me assoar.
Dói-me a cabeça indistintamente.
Triste condição para um poeta menor!
Hoje sou verdadeiramente um poeta menor.
O que fui outrora foi um desejo; partiu-se.

Adeus para sempre, rainha das fadas!
As tuas asas eram de sol, e eu cá vou andando.
Não estarei bem se não me deitar na cama.
Nunca estive bem senão deitando-me no universo.

Excusez un peu... Que grande constipação física!
Preciso de verdade e da aspirina.

Teño un grande arrefriado,
E todo o mundo sabe como os grandes arrefriados
alteran o sistema enteiro do universo,
enfádannos contra a vida,
e fan espirrar mesmo á metafísica.
Levo todo o día perdido a me soar.
Dóeme a cabeza indistintamente.
Triste condición para un poeta menor!
Hoxe son verdadeiramente un poeta menor.
O que fun outrora foi un desexo; marchou.

Adeus para sempre, raíña das fadas!
As túas ás eran de sol, e eu acá vou andando.
Non estarei ben se non me deitar na cama.
Nunca estiven ben senón deitándome no universo.

Excusez un peu… Que grande arrefriado físico!
Necesito a verdade e unha aspirina.

 


 

Presença - Tabacaria 1      Presença - Tabacaria 2
Tabacaria publicado na revista Presença, Coimbra, en xullo de 1933
(de Wikimedia Commons, clic para ampliar)

 

 

►wikipedia: Tabacaria (poema)
►youtube: Tabacaria. Recitado por Antonio Abujamra

►youtube: Tabacaria (por Mário Viegas). Recitado dramatizado
►youtube: Sam the Kid - Tabacaria (com Viriato Ventura). Recitado musicado
►Fernando Pessoa, Cadernos. Biblioteca Nacional de Portugal

►Casa Fernando Pessoa
►Archivo Pessoa (textos)

 

Fernando Pessoa ~ wikipedia

 

jefaerosol.com 

 

►español

11 de abril de 2015

Herbert Zbigniew

Vai

bird - © ēgm. 2015ēgm., Paxaro

 

A mensaxe do señor Cogito
Herbert Zbigniew

   
 

Vai onde xa outros foron, ata o confín escuro
polo vélaro de ouro da nada, a túa final recompensa

vai ergueito entre os que fican de xeonllos,
os que volven as costas e os que xacen no po

non fuches salvado para vivir
e tes pouco tempo para dares testemuño

sé valente, cando a razón te engane sé valente,
iso á fin é o único que conta

e deixa que a túa impotente Ira sexa coma o mar
cada vez que escóite-la voz dos aldraxados e os mallados

que non te abandone o teu irmán Desprezo
fronte os covardes verdugos delatores –eles gañarán,
no teu funeral han botar aliviados unha manchea de terra
e a couza escribirá a túa biografía revisada

non perdoes, en verdade non está na túa man
perdoar no nome dos traizoados ao amañecer

pero gárdate da fachenda innecesaria
e fita no espello a túa cara de pallaso
repetindo: chamáranme –talvez non había ninguén mellor

gárdate do corazón murcho, ama a mañá primaveral,
o paxaro de nome descoñecido, o carballo no inverno,
a luz sobre o muro, o resplandor do ceo
que non necesitan do teu cálido alento
e están aí para diciren: ninguén te vai confortar

vixía –nas montañas a luz ha da-lo sinal– érguete e vai
ata que o sangue sexa no peito a túa estrela escura

repite esconxuros antigos de humanas lendas e fábulas
para acada-lo ben que nunca vas acadar,
repite as grandes palabras, repíteas teimosamente
como os que atravesando o deserto morreron na area

e recompensarante co que teñan á man,
un látego de gargalladas, un asasinato no vertedoiro

vai, pois só así han te aceptar na irmandade das frías caveiras,
a irmandade dos teus devanceiros: Gilgamés, Héctor, Roldán,
defensores do reino sen fronteiras e da cidade das cinzas

Sé fiel. Vai

   
   
 

Tradución de ēgm. 2015


   
  Przesłanie Pana Cogito
   
 

Idź dokąd poszli tamci do ciemnego kresu
po złote runo nicości twoją ostatnią nagrodę

idź wyprostowany wśród tych co na kolanach
wśród odwróconych plecami i obalonych w proch

ocalałeś nie po to aby żyć
masz mało czasu trzeba dać świadectwo

bądź odważny gdy rozum zawodzi bądź odważny
w ostatecznym rachunku jedynie to się liczy

a Gniew twój bezsilny niech będzie jak morze
ilekroć usłyszysz głos poniżonych i bitych

niech nie opuszcza ciebie twoja siostra Pogarda
dla szpiclów katów tchórzy - oni wygrają
pójdą na twój pogrzeb i z ulgą rzucą grudę
a kornik napisze twój uładzony życiorys

i nie przebaczaj zaiste nie w twojej mocy
przebaczać w imieniu tych których zdradzono o świcie

strzeź się jednak dumy niepotrzebnej
oglądaj w lustrze swą błazeńską twarz
powtarzaj: zostałem powołany - czyż nie było lepszych

strzeż się oschłości serca kochaj źródło zaranne
ptaka o nieznanym imieniu dąb zimowy
światło na murze splendor nieba
one nie potrzebują twego ciepłego oddechu
są po to aby mówić: nikt cię nie pocieszy

czuwaj - kiedy światło na górach daje znak - wstań i idź
dopóki krew obraca w piersi twoją ciemną gwiazdę

powtarzaj stare zaklęcia ludzkości bajki i legendy
bo tak zdobędziesz dobro którego nie zdobędziesz
powtarzaj wielkie słowa powtarzaj je z uporem
jak ci co szli przez pustynię i ginęli w piasku

a nagrodzą cię za to tym co mają pod ręką
chłostą śmiechu zabójstwem na śmietniku

idź bo tylko tak będziesz przyjęty do grona zimnych czaszek
do grona twoich przodków: Gilgamesza Hektora Rolanda
obrońców królestwa bez kresu i miasta popiołów

Bądź wierny Idź

 


 

►wikipedia: Mr. Cogito
►youtube: Lectura de Zbigniew Herbert

►youtube: Anna Woch - Przesłanie Pana Cogito / Last message from Mr Cogito
►youtube: Wiersz Z. Herberta "Przesłanie Pana Cogito"
►Interpretacja wiersza Zbigniewa Herberta "Przesłanie pana Cogito"

►The Envoy of Mr. Cogito. Translated by B. Carpenter and J. Carpenter
►Herbert. Poesía completa, elcultural.es

 

 

Na tradución engadín algunhas comas e un punto para facilita-la lectura e mailo entendemento do texto; non cambiei ningunha maiúscula nin minúscula.

  e en resumo
 

Sé fiel ás túas ideas ata o final, malia saberes que só a confraría dos grandes heroes fracasados ─Gilgamés quixo escaparlle á morte pero xamais deu atopado a inmortalidade; Héctor, despois de fuxir do combate, foi morto e arrastrado polos cabalos do seu inimigo diante dos muros da súa cidade; Roldán soprou no seu corno de caza pedindo axuda ata lle estouparen as tempas─ ha te acoller no reino sen fronteiras dos mortos e que non has ter máis pagamento que burla e desdén. Ten presentes os esconxuros e mailas lendas, aínda que non che sirvan de ren; agarda o sinal sen contére-lo teu lado escuro. Mentres, ama a beleza dos días, malia non seren tampouco o teu conforto. Despois, cumpre o teu deber pois ninguén máis o fará. Sen seres fachendoso, non perdóe-la traizón, despreza os covardes delatores aínda que venzan e mintan sobre ti, deixa fluí-la túa ira fronte a inxustiza, sé valente malia te engana-lo teu cerebro dicíndote que non sexas valente. Non estás vivo só para seguires vivindo, e tes xa pouco tempo. Camiña ergueito entre os medorentos e os anicados cara á máis lonxincua escuridade, sabendo ben que a loita ha ser dura e só o vélaro da nada será a túa recompensa final.

 

Zbigniew Herbert ~ wikipedia

►español